Información
Portada

Feijóo "apuñala politicamente" polas costas aos desfavorecidos que lles pedía o voto para acceder a Xunta de Galicia

Información
13 Julio 2017 2967 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

feijooindigenteSeguen os éxitos do PPdeG e seus votantes.- A Xunta quita RISGAs para impoñer precariedade.  O Goberno do PPdeG se nutre do que quita aos desfavorecidos para adxudicarse privilexios e afondar neste modelo de xestión da miseria no que o desfavorecido cria as galiñas e os ovos os come o señorito retornando aos anos da postguerra.

Seguimos a recibir peticións de información e consultas, de diferentes persoas de Galiza, sobre a RISGA. Peticións que amosan que esta faragulla, lonxe de garantir unha vida digna, o único que ofrece a aquelas que a solicitan/perciben é incerteza, control, demoras, miseria...

 

Hai varias semanas chega ao punto unha muller á que lle extinguen a RISGA. Na notificación, a Xunta argumenta así a denegación dunha prestación de 399€:

 

1) “Non amosar interese en acadar un emprego como peón forestal”.

 

2) “Cambiar de coche”.

 

Esta compañeira lonxe de aceptar a denegación a recorreu e fica pendente da resposta da Xunta.

 

Resolucións como estas expresan dous aspectos centrais na concepción destas rendas sociais:

 

- A submisión ao emprego (sempre precario, temporal, mal pagado...) que debemos aceptar as empobrecidas.

 

- O control e criminalización das empobrecidas: o discurso de que somos pobres polas nosas malas decisións ou polas nosas condutas “desviadas” provoca que os achegamentos profesionais pasen por nos infantilizar e por pautarnos a nosa vida cotiá: que temos que comer, que curso debemos facer, etc.pipi web

 

Temos, neste caso, outro exemplo máis da crueza e arbitrariedade coa que a Xunta xestiona a RISGA. Casos como este, lonxe de seren unha excepción son a norma. A  consellería que dirixe José Manuel Rey Varela desoe a súa legalidade e continúa sen publicar o decreto (por máis de 3 anos de atraso) que ten que desenvolver a  Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. Mentres as instrucións opacas que chegan dende a consellería endurecen, aínda máis, unha lei entende o emprego como “a mellor política social”. Xa sabemos que eles non probaron o desemprego, a precariedade, as xornadas interminábeis por salarios de merda... como único xeito para malvivir.

 

Fronte a súa teima por afondar neste modelo de xestión da miseria nós defendemos uns dereitos sociais fortes. Defendemos a proposta da Renda Básica das iguais fronte ao carrusel de medidas que eles artellan para tratar de nada cambie ou que se o fai sexa sempre para pillar máis anaco de pastel.

 

Quérennos en soidade pero terannos en común!

Otros articulos relacionados.....