Información
Portada

OS SOCIALISTAS TILDAN AO PP DE “CONTABLES SEN ALMA” POR VETAR A SUPRESIÓN DO COPAGO PARA PENSIONISTAS CON POUCOS RECURSOS

Información
08 Febrero 2017 3927 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Julio Torrado censura que financien o sistema de saúde cun “imposto por vellos e enfermos” que resulta “inxusto, ineficaz e ineficiente”

Santiago de Compostela, 07 de febreiro de 17. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, cualificou hoxe ao PP de “contables sen alma” logo de que estes anunciaran o veto á supresión do copago para pensionistas con poucos recursos. Os socialistas galegos reclamaron esta medida a través dunha proposición non de Lei que foi debatida hoxe e será votada mañá no Pleno do Parlamento de Galicia.

Criticou que o PP “non coñece a realidade, non son realistas” ao decidir financiar a sanidade pública cun “imposto por vellos e enfermos”, como cualificou á imposición dun copago “inxusto, ineficaz e ineficiente”. Lembrou que a cidadanía xa financia a sanidade a través dos impostos para que o goberno lle teña obrigado a pagar aos maiores un mínimo de 96 euros ao ano por medicamentos cando as pensións só subiron 15.

O responsable socialista lembrou ademais o rexeitamento frontal a este mecanismo dende colectivos sanitarios, representantes políticos, sindicatos ou pacientes, aos que a ministra de Sanidade lles respondeu coa “irresponsable ameaza” de incrementar estes copagos.

Torrado criticou a “inxustiza” deste modelo de financiamento, que rompe co dereito á atención sanitaria, ademais de resultar ineficaz e ineficiente, xa que fracasa no seu obxectivo de reducir o número de receitas e acerta ao aumentar o aforro sanitario. Explicou que esta última consecuencia é un fracaso porque supón “aforrar a costa de que paguen os enfermos”.

Presentou unha proposta “razoada, razoable e posible” dirixida á supresión progresiva do copago farmacéutico que remate na eliminación desta medida “para tódalas persoas pacientes do Sergas”.

Con esta iniciativa reclamou un plan inicial de reversión do copago farmacéutico “que comece por asumir por parte da administración o custe dos medicamentos para as e os xubilados con pensións menores de 800 euros ao mes”, que supoñen máis do 75 por cento do total dos pensionistas de Galicia.

Otros articulos relacionados.....
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)