Información
Portada

O sistema de pensións público é viábel e o PP pretende desmantelar esta prestación

Información
30 Enero 2017 5059 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Insta á cidadanía a secundar as mobilizacións sindicais “para impulsar un cambio a favor da maioría social e recuperar dereitos perdidos”

A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a representación do BNG na manifestación convocada pola CIG en defensa do sistema público de pensións, ante o que considera unha ofensiva do PP para desmantelar unha das prestacións sociais máis emblemáticas e necesarias, máxime nun país tan envellecido como Galiza.

“Estamos ante a crónica anunciada dun roubo dentro da escala de recortes e de privatizacións do PP que, neste caso pretende levarse por diante nada menos que o sistema público de pensións poñendo en marcha toda unha campaña que inclúe o desmantelamento da caixa das pensións”, denunciou Pontón.

“O Bloque considera que o sistema é plenamente viable se hai vontade política de sustentalo, pero estamos ante un debate ideolóxico onde a dereita do PP quere impoñer un deterioro progresivo do sistema para crear o caldo de cultivo da súa privatización”, advertiu.

manifa2Neste sentido, indicou que o BNG levará o debate do futuro do sistema público de pensións ao Parlamento, onde pedirá a creación dunha comisión para analizar e garantir o futuro das pensións en Galiza. “Temos claro que é un sistema viable e que son decisións políticas as que pretenden desmantelar o actual modelo de pensións para privatizalo”, reiterou a portavoz nacional.

Pontón instou á cidadanía a mobilizarse “para impulsar un cambio a favor da maioría social, que inclúe a derrogación da reforma laboral ao igual que todos os recortes en materia de dereitos dos e das traballadoras, e para avanzar nun marco galego de relacións laborais”.

“É necesario unha gran mobilización social para reverter os recortes de dereitos e para gañara outros novos”, argumentou, instando a secundar todas as manifestacións que convoquen as centrais sindicais.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+