YOLANDA DÍAZ: “ESTAMOS SATISFEITAS DE QUE OS QUE SAQUEARON O PAÍS ENTREN NA CADEA, PERO AÍNDA TEÑEN QUE ASUMIR RESPONSABILIDADES FRONTE O QUE FIXERON COAS CAIXAS”
YOLANDA DÍAZ: “ESTAMOS SATISFEITAS DE QUE OS QUE SAQUEARON O PAÍS ENTREN NA CADEA, PERO AÍNDA TEÑEN QUE ASUMIR RESPONSABILIDADES FRONTE O QUE FIXERON COAS CAIXAS”
Información
17 Enero 20175455 votos - Registrate para votar
“Diante da decisión da entrada en prisión dos responsables das caixas galegas o que temos que dicir é que esta medida non é suficiente”, asegura Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea ao valorar a decisión da Audiencia de ditar ingreso en prisión para a antiga cúpula de Novacaixagalicia (NCG).
Segundo explica Yolanda Díaz, “estamos satisfeitas de que, por fin, aqueles que saquearon o noso país, que nos empobreceron e que fixeron que sobre nós pesaran recortes entren na cadea, aínda que é certo que queda unha parte substancial do que fixeron coas nosas caixas sen esclarecer e sen tomar responsabilidades sobre as mesmas”.
“Soamente entran en prisión por dous anos por unha pequena cuestión, que son unhas indemnizacións archimillonarias que se adxudicaron a si mesmos, aínda que queda sen depurar responsabilidades, sobre todo, o que tivo que ver co desmantelamento do sistema financeiro do noso país e con esa decisión nefasta que foi a fusión das caixas galegas, e de todo o que ten que ver con ese buraco galego que supuxo máis de 9.000 millóns de euros que pagou Juan Pueblo e que ademais sufrimos a base de recortes”.
Polo tanto, “queda seguir pelexando para que se salvagarde a verdade e que se restableza o dano que se fixo ao noso país”, remata Díaz.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)