Información
Portada

A RAG alegaba ante o TEDH que este Decreto é discriminatorio e vulnera o dereito humano fundamental á igualdade

Información
24 Diciembre 2016 3968 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Real Academia Galega presentou o pasado mes de marzo unha demanda ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) en contra do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo na ensinanza non universitaria. De acordo coa súa obriga estatutaria de defensa da lingua galega, a institución cumpriu así o seu compromiso de esgotar todas as vías xudiciais fronte a unha norma que, ao seu entender, resulta lesiva tanto para os dereitos dos nenos e nenas galegofalantes canto para o futuro do maior patrimonio inmaterial do pobo galego. 

 
A RAG alegaba ante o TEDH que este Decreto é discriminatorio e vulnera o dereito humano fundamental á igualdade. Sen entrar no fondo do litixio, a Corte europea decidiu non admitir a trámite a demanda por unha razón formal, xa que, segundo as súas propias normas, só admite denuncias presentadas por particulares ou por colectivos directamente prexudicados. Neste caso, foi a Real Academia Galega quen comezou o procedemento xudicial ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e o TEDH non atendeu a súa alegación de que o fixera instada pola petición de pais e nais de escolares afectados polo devandito Decreto. A Academia Galega respecta a decisión do TEDH, que non é recorrible, ao tempo que lamenta que non entrase a valorar o fondo da súa demanda, plenamente xustificada. 
 
A Real Academia Galega insiste en que o sistema educativo é unha peza clave para garantir o porvir do noso idioma, e que resulta imprescindible un novo marco legal que faga efectivo o dereito dos rapaces e rapazas a recibir a educación en galego, poñendo fin á redución cuantitativa e cualitativa da presenza do galego no ensino que trouxo o Decreto 79/2010. As súas consecuencias quedan patentes nos últimos datos estatísticos, que reflicten un preocupante retroceso do uso do galego entre as xeracións máis novas, e mais no último informe do Comité de Expertos da Carta de Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa, difundido o pasado mes de xaneiro. Neste documento, maniféstase a preocupación polo efecto da “redución gradual” do galego no ensino en Galicia; advírtese que o devandito Decreto “ten un impacto moi negativo”, pois “prohibe expresamente o ensino en galego de Matemáticas na Primaria e de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química na Secundaria”; e alértase de que na etapa de Infantil a nosa lingua só está presente en niveis do 6,57% en cidades de máis de 50.000 habitantes.
 
Por todo isto, a RAG insta unha vez máis ao Goberno galego a que retorne ao espírito que inspirou a Lei de normalización lingüística de 1983 e non demore o inicio dunha nova etapa na que se dea impulso ao Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en 2004. A institución reclama novamente un consenso político tal como o que fixo posible a aprobación da LNL e do PXNL, que necesariamente debe ser promovido polo Goberno galego.

Otros articulos relacionados.....
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)