Máis de 70 aeroxeradores e 4 polígonos fecharán o horizonte entre o Larouco e o Xurés

Información
Portada | 20 Agosto 2021 | 3156 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Sra Fiscal Laura Codruţa Kövesi, espere que sobre fondos europeos en  Galicia hay más, las tramas de los eólicos. - Xornal Galicia | Xornal  GaliciaA plataforma STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA denuncia que unha liña de máis de 70 aeroxeradores -UN CADA 380 METROS- cubrirá os cumios da Serra do Larouco até o Alto do Candal, no Parque Natural do Xurés.

Una pantalla visual con severas afeccións para a avifauna pechará o sur da Galiza cunha liña de muíños case en paralelo á raia, con 4 polígonos de explotación industrial eólica entre os concellos de Cualedro, Baltar, Calvos e o portugués de Montalegre.

 

A reactivación dos proxectos Tramontana e Mistral no concello de Baltar, con 15 aeroxeradores en conxunto, que permanecen opacos á opinión pública, saltou á palestra a principios de agosto coa publicación do documento inicial da Liña de Alta Tensión (LAT) que evacuará a enerxía producida neste complexo até a subestación do Salas, en Muíños, atravesando a Reserva da Biosfera Gerês – Xurés

.FALSO XACOBEO 21-22. Malos vientos contra el Camino de Santiago, Feijóo y  otros políticos dan el PELOTAZO EÓLICO en todo el camino Francés bajo FAKE  NEWS de las campañas de Mar Sánchez

Os polígonos de Tramontana (ao leste) e Mistral (ao oeste), situados na parroquia de Vilamaior da Boullosa (Baltar) e separados por menos dun quilómetro, darían continuidade á liña do megaparque que Iberdrola chantou sobre o Larouco, en Cualedro, que conta xa con 49 aeroxeradores e que ficaría apenas a 2 quilómetros da explotación de Tramontana. Mentres, na parte oeste, o desenvolvemento da explotación de Mistral enlazaría co polígono portugués do Cabeço Alto, do que o separarían uns tres quilómetros. O polígono Cabeço Alto linda co Parque Natural do Xurés, mais está situado do lado portugués. Esta explotación en territorio luso, da empresa Iberwind, é visíbel desde Muíños, no planalto do encoro do Salas, e desde Calvos de Randín. Comezou a operar no ano 2000. Iberdrola explota o polígono do Larouco desde o 2002.

De concretarse os plans empresariais, a liña entre Lucenza, ao pé do Larouco, e o Alto do Candal, uns vinte quilómetros ao suroeste, tería 73 aeroxeradores; é dicir, unha media dun muíño cada 380 metros, ou o que é o mesmo, unha pantalla no horizonte visíbel desde todo o Val da Limia.

Mais destes proxectos de Tramontana e Mistral apenas hai máis información pública que o mapa da Rede Galega Stop Eólicos. O plan inmediato da empresa promotora é superar o trámite da LAT que unirá as dúas subestacións destes polígonos co nodo de Salas, en Mugueimes. O pasado 4 de agosto presentou a exposición pública o documento inicial, un texto de 210 páxinas asinado por Martín Domínguez Díaz, graduado en Ciencias Ambientais e responsábel de medio ambiente da empresa Sertogal S.L., con sede en Ourense, e que fixo as prácticas do grao na asociación ecoloxista Amigos da Terra. No informe, con data de 1 de xullo pasado, figura como promotora a firma PE Mistral 4W con sede en Cádiz.

STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA coñeceu o documento a través da información que nas redes sociais están a proporcionar as diferentes plataformas que loitan contra a invasión eólica no país. Durante as próximas semanas, STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA consultará con diferentes expertos para presentar as correspondentes alegacións ao proxecto da LAT ao tempo que irá facilitando información sobre os impactos que o documento inicial contempla e outros que poida obviar.

A LAT denominada de “evacuación conjunta” dos polígonos en proxecto, discorre durante 27,2 quilómetros na zona da Veiga Grande, ao suroeste de Coto Farelo, e Mugueimes, onde a subestación procesa as augas que baixan canalizadas desde o encoro do Salas e verte no das Conchas. A subestación de Salas é propiedade de Naturgy, e é unha subestación de 132 kV de potencia, subxacente do nó da rede de transporte da Frieira, de 220 kV.

Dous terzos desta liña invaden a Reserva Transfronteiriza Gerês-Xurés. A desfeita é recoñecida mesmo polo propio autor do informe inicial da empresa nos seguintes termos: “En la zona de actuación (...) está presente la Reserva Transfronteriza Gerês-Xurés, que tiene que ser invadida irremediablementepara llegar a la Subestación colectora de Salas.”

A invasión SI ten remedio, ao contrario do que sostén o exbecario de Amigos da Terra agora a soldo das compañías de explotación enerxética.

O prazo para as alegacións remata o 16 de setembro, e STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA confía en ter lista a resposta á empresa antes do 4 de setembro, cando se celebrará en Celanova a I Marcha en Defensa da Casa da Neve, un dos proxectos da invasión que pretende inzar de aeroxeradores toda esta parte do sur da Galiza e contra a que xa está en marcha unha ampla contestación veciñal