Imprimir

O mes de xullo rematou sen precipitacións en Compostela

Información
Portada | 06 Agosto 2020 | 20039 votos Regístrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image
Praza do Obradoiro. Foto: Santi Alvite
Praza do Obradoiro. Foto: Santi Alvite
Estatisticamente o mes de xullo é o mais seco na contorna de Compostela, porén é difícil que non se recolla un mínimo de choiva como ten sucedido este ano, segundo os rexistros do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC. O seu director, José Ángel Docobo explica que facía 39 anos que isto non acontecía

Estatisticamente o mes de xullo é o mais seco na contorna de Compostela, porén é difícil que no sétimo mes do ano non se recolla un mínimo de choiva como ten sucedido en 2020, segundo os rexistros do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC. O seu director, José Ángel Docobo explica que facía 39 anos que non acontecía, sendo preciso remontarse a 1981, cando a longa seca se prolongou dende o 26 de xuño ata o 9 de setembro.

Hai agora catro anos, o profesor Docobo lembra que no Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC se mediron 1,2 litros/m2 en xullo e só 12,6 l/m2 en agosto, sendo entón o bimestre estival mais seco logo de aquel de 1981. Outros meses de xullo segundo os rexistros do observatorio universitarios, nos últimos cincuenta anos con precipitación moi escasa en Santiago, foron os de 1993 ( 0,9 l/m2), 2016 (1,2 l/m2), 1986 ( 1,8 l/m2), 1978 (4,2 l/m2), e 1984 ( 4,7 l/m2) . Mais atrás, tampouco chovera no xullo de 1967 é só 3,1 l/m2 no de 1969.

En marzo de 1997 a única precipitación fora inapreciable (menos de 0,1 litros/m2) en dúas xornadas, e en agosto de 1998 recollérase so 1 l/m2 nun dia. Outros meses con choiva por baixo dos 5 litros/m2 foron outubro de 2007 (2,7 l/m2) e maio de 1997 (4,2 l/m2).

Categoría: Portada
Visto: 20039