Información
Portada

As secas poden predicirse con ferramentas matemáticas

Información
17 Abril 2020 14299 votos
Campo de millo seco. Foto: Santi Alvite
Campo de millo seco. Foto: Santi Alvite
O descubrimento permite coñecer a duración das secas e clasificalas, co fin de vixiar as súas posibles variacións no contexto do cambio climático

Comprender mellor a duración das secas meteorolóxicas axuda a predicir cando comezan e rematan, permitindo vixiar as súas variacións no contexto actual de cambio climático global. Isto é o que permite o modelo matemático desenvolvido polo climatólogo Robert Monjo para este estudo, no que tamén participaron os investigadores Dominic Royé, da Universidade de Santiago de Compostela, e Javier Martin-Vide, da Universidad de Barcelona. Este traballo é pioneiro en aplicar os conxuntos de Cantor á climatoloxía, e foi recentemente publicado pola revista europea Earth System Science Data, da plataforma científica Copernicus. 

 

A investigación analiza o comportamento de todos os períodos sen chuvia desde 1979 ata 2016, e os compara con conxuntos de Cantor, un concepto matemático desenvolvido por Georg Cantor en 1883 que fai referencia ao fractal. Un fractal é un obxecto xeométrico cuxa estrutura básica se repite a diferentes escalas (autosimilitude), e que podemos observar no brócoli ou nas pólas das árbores. 

O traballo destes investigadores proba que o comportamento das secas climáticas pode modelarse deformando en maior ou menor medida os ocos (períodos secos) do conxunto orixinal de Cantor. Por exemplos, as secas en zonas semidesérticas serían as máis fieis ao conxunto de Cantor sen modificar. 
 

Distribución espacial da dimensión fractal das rachas secas, relacionada co expoñente baseado en Conxuntos de Cantor. Figura extraída do artigo
Distribución espacial da dimensión fractal das rachas secas, relacionada co expoñente baseado en Conxuntos de Cantor. Figura extraída do artigo

Para entender os conxuntos de Cantor en climatoloxía mídese a duración dos períodos secos e húmidos considerando sucesivamente as diferentes unidades de tempo: ano, trimestre, mes, semana, día, hora ou minuto. Deste xeito, ao observar un ano ao azar, o cálculo do conxunto orixinal de Cantor di que durante o cuadrimestre central non choveu nada (coincidindo co verán). Despois do primeiro cuadrimestre do ano e do último (120 días cada un), tamén os seus 40 días centrais (⅓ do total) serían secos. E así sucesivamente, o que dará lugar a que a meirande parte do tempo, cando se van subdividindo os intervalos, sexa seco. Precisamente, o conxunto de Cantor (ou pó de Cantor) ten unha expresión gráfica de pequenas motas illadas, que corresponden ás unidades chuviosas mais elementais. 
 

Clasificación climática das secas en todo o mundo. Figura extraída do artigo
Clasificación climática das secas en todo o mundo. Figura extraída do artigo

Segundo a imaxe anterior, a nivel mundial atópanse rexións con valores baixos (L), medios (M) ou altos (H) de duración de eventos secos, alternando con eventos húmidos máis longos (l) ou curtos (s). Amósanse exemplos tropicais de tipo Ll nos principais núcleos de selva tropical do mundo (dentro do Amazonas, o Congo e o sudeste asiático entre outros).  Os exemplos subpolares de tipo Ll están no Océano Austral e algunhas rexións do Atlántico Norte e do Pacífico Norte. O tipo Hl aparece en rexións de sabanas tropicais de África, México, Brasil central, India (clima monzónico), no sur de China e no norte de Australia. E, para rematar, o tipo Hs sitúase en todas as rexións desérticas ao redor do mundo, incluída a franxa oriental das áreas oceánicas tropicais. 

O caso de España
No caso de España, obtense que a seca adoita presentar un índice medio-alto de concentración de longos períodos secos, que se distribúen de forma similar ao conxunto de Cantor, pero alternados con curtos períodos húmidos. Ao desprazarse cara o norte, atópanse rachas secas intermedias (maior deformación do conxunto de Cantor) con interrupcións longas de períodos chuviosos. Por esta razón, considérase que Galicia forma parte da clase Ml. No caso do sur, atópase a clase Hs, que implica rachas de seca longas con períodos chuviosos curtos. 

O investigador Dominic Royé sinala que, debido ao quecemento global, “pódese esperar un ascenso da latitude das clases, o cal posiblemente cambiaría Galicia de Ml a Ms”, é dicir, de secas de duración media alternas con eventos húmidos de longa duración a secas de duración media alternas con evento húmidos de curta duración. Ao respecto do centro da Península, Royé prognostica “o paso de Ms a Hs”, é dicir, de secas de duración media alternas con eventos húmidos de curta duración, a secas de duración alta alternas con eventos húmidos de curta duración.

Outra achega deste novo modelo é que, mentres que antes era necesario esperar un ano para comprobar se anomalía da chuvia era suficiente para ser considerado período de seca, agora pode compararse coa climatoloxía (referencia para as secas) elaborada por estes científicos e saber se aumentará ou diminuirá a curva do hietograma de precipitacións. Isto permite coñecer a dimensión das secas, que á súa vez “serve para identificar o momento do período seco no que se está ao respecto da curva climática”, apunta Royé.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago