5.000 reservas ( Sen a intervención da publicidade de Mar Sánchez Sierra )para a nova tempada de rutas fluviais pola Ribeira Sacra, que activará o 4 de abril

Información
Portada | 08 Marzo 2020 | 5014 Votos | Correo electrónico | Imprimir
A Deputación de Lugo recibiu xa 5.000 reservas para a nova tempada de rutas fluviais pola Ribeira Sacra, que activará o 4 de abril
A Xunta de Goberno aprobou o encargo á empresa públicaTragsada prestación deste servizo turístico, que vive un “aumento continuo de viaxeiros” e“xera un efecto multiplicador na provincia en termos de pernoitas, de consumo no sector hostaleiro e comercial, e supón un incentivo para a iniciativa privada en xeral”, subliñou o Presidente

A ruta Cabo do Mundo reforzarase cun informador turístico no embarcadoiro durante os meses de maior afluencia de viaxeiros para mellorar a promoción e a atención

A plantilla estará formada por unha vintena de traballadores, catro máis que no 2019, pois refórzase a coordinación e dirección en aras dun servizo máis eficiente e de calidade

Tragsa aportará sistemas de accesibilidade -unha orugasalvaescaleiras, un cinto para a suxeción de cadeiras de rodas e unha rampla móbil- e de mellora ambiental –un sistema de bombeo dos depósitos de augas residuais en cada embarcación do Sil-, que pasarán a ser propiedade da Deputación unha vez finalizado o encargo

O Executivo aprobou tamén hoxe a resolución do contrato de limpeza de dependencias provinciais polo impago de salarios da empresa adxudicataria, e o seu encargo provisional a Tragsa coa subrogación dos 32 traballadores mentres non se aproba unha nova adxudicación
social youtube xornalgalicia   feed-image