Ourense, 11 de febreiro de 2020.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe, no Pazo Provincial, á plataforma "Galicia en pé... na defensa do rural, Galicia Baleira", unha iniciativa impulsada pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo e a Federación de Asociacións de Veciños de Ourense (Limiar). Tras presentarse nas diferentes administracións lucenses, os membros desta plataforma visitan hoxe as institucións ourensáns para facer visible a súa fundación e as súas demandas, presentando unha lista de medidas coas que contribuír na loita contra o despoboamento das zonas rurais.