Información
Portada

Finaliza a primeira tempada da serie-documental sobre Vilachá recuperando a memoria da represión franquista

Información
25 Abril 2019 523 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Rodaxe vilachaO episodio 4 da serie-documental Adegas da Memoria, o derradeiro daO episodio 4 da serie-documental Adegas da Memoria, o derradeiro daprimeira tempada, céntrase na represión franquista en Vilachá (A Pobrado Brollón)Veciños e veciñas da parroquia no corazón da Ribeira Sacra relatan as súasexperiencias desta época traumáticaA Pobra do Brollón, 25 de abril 2019O cuarto episodio da serie-documental Adegas da Memoria céntrase nos relatos darepresión franquista en Vilachá, parroquia da Pobra do Brollón no corazón da RibeiraSacra.

 

O episodio estará dispoñible para ver online hoxe xoves 25 a partir das 20:00. Trátasedo derradeiro episodio da primeira tempada, ‘A Humanidade do Patrimonio’, na queson os propios veciños e veciñas os que presentan ao espectador o seu territorio.

En episodios anteriores, falouse da produción de viño (‘Nacer viño’), das lendaspopulares (‘Somos soños’) e da vida cotiá na ribeira (‘Nós nas augas’).

Desta volta, aserie da conta das traumáticas experiencias relacionadas coa represión franquista. Así,os espectadores poden achegarse a historia do mestre asasinado Abramo Dios, eoutros relatos contados en primeira persoa polos veciños.Segunda tempada á vistaAdegas da Memoria xa leva máis de 4.600 visualizacións en Vimeo, e con este novoepisodio agárdase superar as cinco mil.

“Queremos enganchar ao público e crear unhaaudiencia que estea expectante das próximas tempadas,” comenta Xosé Gago, técnicode cultura do Concello da Pobra do Brollón.

“A seguinte tempada tamén vai seremocionante... Os espectadores van poder facer un seguimento da escavaciónarqueolóxica no Val do Frade. Buscamos un primitivo mosteiro que podería darinformación sobre as orixes da Ribeira Sacra.”Facer o primeiro gran estudo multidisciplinar sobre as orixes da Ribeira Sacra éprecisamente un dos piares de Adegas da Memoria, un proxecto que propulsa o Séguenos en: Facebook @adegasdamemoria // www.adegasdamemoria.comConcello da Pobra do Brollón e a Asociación de Veciños de Vilachá, coa colaboracióndo Incipit-CSIC.Os vídeos publícanse na web do proxecto (adegasdamemoria.com) e nas súas contasde Vimeo e Facebook (@adegasdamemoria).

Otros articulos relacionados.....