social youtube xornalgalicia   feed-image
Memoria histórica. Reunión de traballo

A iniciativa da Deputación de Pontevedra de apoiar as adhesións de familias de vítimas á querela arxentina contra os crimes do franquismo está a facer un ‘efecto chamada' (usando os cartos dos ciudadans sen ser unha entidade xurídica nen gabinete de letrados que solicitara a ciudadanía. En menos dun mes desde o acto no que as familias Bóveda, Caamaño e Paz asinaron simbolicamente a súa adhesión á querela no salón de plenos provincial, outras sete familias teñen iniciado os trámites en firme –chegando a dez expedientes en total–, e outras oito amosaron o seu interese por tomar o mesmo camiño.

social youtube xornalgalicia   feed-image
  • A terceira fase permitirá financiar 35 intervencións en vivendas ou edificios. A baremación dos proxectos presentados coñecerase nos vindeiros días.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a certificación de dúas rehabilitacións de edificios no centro histórico cofinanciadas cos fondos vinculados á Área de Rehabilitación Integral (ARI) correspondentes á súa segunda convocatoria. Son edificios situados nas rúas Sarmiento e na praza do Teucro que se veñen a sumar ás actuacións globais financiadas até o de agora con cargo a estes fondos. En total 103 melloras en vivendas e edificios foron financiadas ao abeiro da ARI no centro histórico, cifra que poderá incrementar nos próximos meses xa que a última convocatoria do ARI permitirá actuar en 35 proxectos máis.

social youtube xornalgalicia   feed-image
  • A concelleira de Promoción Económica e Turismo unirá forzas cos representantes do sector hoteleiro para lograr que Pontevedra se convirta “na capital galega do turismo feiral e congresual”
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • O socialista afirma que a ordenanza vixente quedou obsoleta para dar resposta ás necesidades motivadas “polo incremento de espazos deportivos dos últimos anos, sobre todo de campos de fútbol”
social youtube xornalgalicia   feed-image
CAAN, esteriliza, adopta

 Acompañada de "Bonni", unha das últimas cadelas en ser adoptadas no CAAN despois de ser abandonada, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu hoxe a coñecer a nova campaña de sensibilización do Centro de Acollida e Protección de Animais que xestiona a institución na Armenteira, e que dá servizo á 48 concellos da provincia, cunha poboación estimada de 400.000 habitantes. Esta nova campaña, baixo o lema "Esteriliza, adopta", quere aproveitar a proximidade das festas do Nadal para facer fincapé "na importancia da adopción fronte á compra e tamén na importancia de esterilizar para evitar a cría irresponsable de animais que logo xera tantos problemas e tantos abandonos ou maltrato", como subliñou Silva, que sostén que este problema "mide tamén que sociedade somos".

social youtube xornalgalicia   feed-image

A concelleira de Igualdade destacou este martes en rolda de prensa o investimento municipal nos programas de atención á muller, especialmente na loita contra a violencia de xénero, cifrándoo en 1,5 millóns de euros. Por outra banda a Deputación de Pontevedra adica mais do 60% da sua xestión pública a chiringuitos das violencias de xénero.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030

O futuro financiamento da "Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030" reuniu hoxe en Tomiño a especialistas estatais, rexionais e representantes de todas as entidades locais do territorio nunhas xornadas organizadas pola Deputación de Pontevedra e o Grupo Ante da Universidade de Compostela. O encontro serviu para coñecer un innovador instrumento impulsado pola Comisión Europea durante o período 2014 – 2020, o Investimento Territorial Integrado (ITI), que segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Río Miño, Uxío Benítez, podería ser a chave do financiamento da estratexia miñota. No acto de inauguración tamén estiveron presentes  o deputado de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o investigador do Grupo Ante, Rubén Lois e o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira en representación do CIM Alto Minho, João Brito Nogueira.

social youtube xornalgalicia   feed-image

A Xunta do Goberno local vén de aprobar a licencia urbanística para a execución das obras de reforma da estación de autobuses. Anunciouno esta mañá a portavoz do Goberno, Anabel Gulías, quen lembrou que en virtude do convenio asinado entre Concello e Xunta para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Pontevedra, é responsabilidade da Administración local a tramitación das licenzas de obra.

social youtube xornalgalicia   feed-image
  • Raimundo González afirma que se destinarán 4,2 millóns do superávit para pagar débeda, o que a situará por debaixo dos 8 millóns de euros e en cifras de mediados dos anos oitenta.
  • Seguindo esta política económica, o Concello estará en disposición de ter “débeda cero” a final de mandato.

O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, anunciou esta mañá que o Concello destinará 4.263.000 euros a amortización de débeda procedente de parte do superávit do orzamento 2018 (o superávit foi de 6.270.981,05 euros). O resto do superávit destinouse a investimentos financieiramente sostibles, en concreto, para a execución da obra de Loureiro Crespo, a iluminación pública de Lourizán e o proxecto de skatepark. En total, 2.927.000 euros.

Con esta amortización o Concello pagará os créditos dos anos 2009, 2014, 2016 e parte do 2015, polo que a 31 de decembro a débeda municipal se situará en 7.955.000 euros (na actualidade é de 12.300.000 euros), é dicir, unha débeda similar a mediados dos anos 80. Porcentualmente, a débeda suporá o 11,84% dos dereitos liquidados.

Raimundo González explicou que “se nos vindeiros anos seguimos aplicando o criterio de destinar o 50% a inversións financieiramente sostibles e o 50% a amortización de débeda, a finais deste mandato estaremos en débeda cero”.

O concelleiro de Economía criticou a lexislación actual en mantería económica, aprobada polos partidos PP e PSOE, “xa que os que estamos salvando o déficit, en realidade, somos as administracións locais, e non as comunidades autónomas nin o Estado”.