Información
Pontevedra

4 millóns de euros en 43 concellos da provincia de Pontevedra para proxectos de eficiencia enerxética

Información
06 Abril 2019 151 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Carmela Silva

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá a resolución favorable do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) do Ministerio de Transición Ecolóxica, das primeiras achegas para financiar, ao través dos fondos FEDER, o proxecto provincial de eficiencia enerxética ao que se adheriron 43 concellos da provincia e que ten un orzamento total de case 4 millóns de euros, e que consiste en actuacións de iluminación sostible e mellora enerxética na edificación, infraestruturas e servizos públicos e a substitución de caldeiras de gasóleo por caldeiras de biomasa.

 

Estas primeiras actuacións, que serán financiadas con 1 ,72 millóns de euros, dos cales o 80% son subvencionados polo Ministerio de Transición Ecolóxica con fondos FEDER (1.376.398,87 euros) e o importe restante con cargo á Deputación de Pontevedra e aos concellos, poderán levarse a cabo en 24 municipios. En concreto, tal e como explicou Carmela Silva, coas primeiras achegas vaise substituír o alumeado público exterior dos concellos de Tomiño, Covelo, Meaño, Poio, Vilanova de Arousa, O Porriño, Silleda, Pontecesures, Crecente, As Neves, Oia, Arbo, Fornelos de Montes, O Grove, A Illa de Arousa, Mos, Moraña, Baiona, Soutomaior, Mondariz, Pazos de Borbén, Moaña, O Rosal e Cuntis.

Así, a Deputación de Pontevedra vai renovar case 4.000 puntos de luz por luminarias LED de 24 concellos, o que vai beneficiar a 185.000 veciñas e veciños que verán mellorada a iluminación nas súas vilas. Amais, está estimado que coas novas luces LED os concellos teñan un aforro estimado do 61% na súa factura enerxética.

O proxecto de eficiencia enerxética liderado pola Deputación de Pontevedra vai propiciar, en palabras da presidenta, "que as vilas máis pequenas, as de menos de 20.000 habitantes, poidan ser plenamente partícipes das políticas de crecemento sostible" asegurou Silva . A presidenta tamén sinalou que a estas primeiras achegas se sumarán, nas vindeiras datas, outras novas para completar o orzamento do proxecto e achegar estas medidas aos 19 concellos restantes.

Relación dos primeiros concellos beneficiarios

Na comarca do Baixo Miño: o concello de Tomiño poderá renovar 217 puntos de luz cun orzamento de case 100.000 euros; Oia substituirá 151 luminarias con case 80.000 euros, e no Rosal actuarase sobre 46 luminarias cun investimento de máis de 26.000 euros.

No Condado Paradanta: Covelo renovará 156 luminarias cun orzamento de preto de 50.000 euros; en Crecente 169 luminarias con 55.000 euros; en As Neves 196 luminarias con 100.000 euros; en Arbo 189 luminarias con case 100.000 euros; en Mondariz 134 luminarias y más de 53.000 euros; en Pazos de Borbén 156 luminarias con 85.000 euros

No Salnés: en Meaño investiranse preto de 100.000 euros para actuar en 315 puntos de luz; en Vilanova se substituirán 169 luminarias con 54.000 euros; en Pontecesures 127 luminarias con 62.000 euros; en O Grove 314 luminarias con case 100.000 euros; A Illa 235 luminarias con case 100.000 euros

Na comarca de Pontevedra: no concello de Poio investiranse 86.000 euros para actuar en 264 puntos de luz; en Moraña 190 luminarias con case 100.000 euros; en Cuntis 80 luminarias con case 50.000 euros

Na comarca de Vigo: en O Porriño renovaranse 143 luminarias cun orzamento de preto de 100.000 euros; en Fornelos 102 luminarias con más de 50.000 euros; en Mos 101 luminarias con máis de 44.000 euros; en Baiona 87 luminarias con 50.000 euros; en Soutomaior 101 luminarias con 145.000 euros

No Deza: en Silleda cambiaranse 205 luminarias cun orzamento de 100.000 euros

No Morrazo: en Moaña renovaranse 38 luminarias con case 50.000 euros

Otros articulos relacionados.....