Información
Pontevedra

Carmela Silva: os defensores do patriarcado están asustados. As mulleres somos perigosas

Información
02 Marzo 2019 1163 votos
Inauguración As mulleres que opinan son perigosas

"A loita pola igualdade é a única que de verdade vale a pena. O pasado 8M foi unha data histórica e cambiaron moitas cousas. As mulleres amosamos que estamos moi presentes e moi fortes. Esta loita é a que merece a pena". Así comezou conversando a presidenta da Deputación de Pontevedra na apertura da segunda edición do foro "As mulleres que opinan son perigosas", xunto ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e as dúas xornalistas e organizadoras do evento, Diana López Varela e Susana Pedreira. Durante hoxe e mañá, no Teatro Principal de Pontevedra, 15 mulleres columnistas de diferentes xeracións e perfís debaterán, xunto ás persoas asistentes, sobre a realidade do xornalismo de opinión en España.

 

"As persoas que defenden o patriarcado están moi asustadas e teñen moito medo. Claro que as mulleres somos perigosas. Porque nós queremos cambiar o mundo e o cambio que defendemos é imparable", explicou a presidenta provincial. Debatendo sobre a presenza nas rúas do autobús de Hazte Oír no que se nega a violencia machista, Silva expuxo que aínda así "estou optimista porque este autobús xorde como resposta a que a nosa loita é imparable, as mulleres somos moi fortes e defendemos un cambio que non se pode parar".

A presidenta da Deputación amosouse partidaria de combater sempre, en todo caso, a todas aquelas persoas e ideas que perseguen a igualdade das mulleres. "Hai cousas que me sorprenden. Nun país onde hai sentenzas de cárcere a humoristas, sorprende que circule sen problema un autobús onde se use a figura de Hitler, caracterizado coma muller, co termo feminazi e onde se nega a violencia de xénero. Somos un país onde, por exemplo este ano, levan morto máis mulleres asasinadas que semanas levamos de 2019. Polo tanto a min isto paréceme un delito de incitación ao odio", reflexionou Carmela Silva, quen quixo rematar lembrando os versos de Alberti "a galopar, a galopar hasta enterrarlos  en el mar".

O alcalde de Pontevedra tamén coincidiu coa presidenta provincial na necesidade de loitar contra aqueles e aquelas que queren destruír os logros da igualdade, "temos que combatelos democraticamente. Educar e formar á cidadanía para non dar pábulo ás súas mensaxes. Aínda que tamén moitas veces, o mellor desprezo é o non aprecio. A eses que negan a evidencia dun movemento imparable e as súas causas, eu case prefiro ignoralos", manifestou Lores.

Para deixar patente a forza das mulleres e a necesidade das súas reivindicacións, Silva aproveitou a apertura deste foro para facer un chamamento a seguir a folga do 8 de marzo. Eu como presidenta, as mulleres do goberno, xunto ás mulleres dos gabinetes, vamos facer folga e xa fixemos chamamento para que todas as mulleres da Deputación se sumen á loita. Pero quero lembrar que é unha folga de 24 horas e é unha folga de mulleres e só nós temos que facela. Eles teñen que coidar ese día e despois poden vir acompañarnos ás concentracións. Pero quede claro que é unha folga de mulleres e de 24 horas". A presidenta tamén aproveitou para reivindicar máis presenza feminina nos actos a todos os niveis, local, autonómico, provincial e estatal. "Fago un chamamento a todo o mundo para que, cando organizan actos, pensen que a metade das persoas presentes deberían ser mulleres. Seguimos sen estar nas fotos e as fotos tamén son nosas. Estou cansada de estar sempre nos actos eu soa rodeada de moitos homes".

O encontro "As mulleres que opinan son perigosas" reúne estes dous días a 15 xornalistas e creadoras de relevancia como Chus Gómez, Lorena Maldonado, María Xosé Porteiro, Gemma Herrero, Carmen Magdaleno, Ana Requena, Ana Romaní e Pepa Bueno. Na xornada de mañá sábado poderase escoitar a Irene Bascoy, Lucía Mbomío, Tati Moyano, Tareixa Navaza, Teresa Lozano e Zua Méndez, Xornalistas Galegas e Marta Sanz.

O apoio ao segundo foro "As mulleres que opinan son perigosas" é un acto máis da ampla programación que a Deputación ten en marcha con motivo do 8 de marzo. Hoxe mesmo tamén, as deputadas e os deputados provinciais despregaban unha pancarta nas sedes provinciais de Pontevedra e Vigo en apoio ás reivindicacións feministas do 8M e animando ás mulleres a sumarse á folga.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago