Información
Pontevedra

As Mulleres que Opinan son Perigosas

Información
14 Febrero 2019 1132 votos
Presentación Mulleres que Opinan Son Perigosas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou esta mañá, no Concello de Pontevedra, na presentación do "II Encontro de Mulleres Columnistas: As mulleres que opinan son perigosas 2019" xunto a Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Susana Pedreira, xornalista e organizadora do encontro, e Diana López Varela, xornalista e organizadora do evento. O encontro, que se realiza por segundo ano consecutivo, será un foro que reunirá a 15 mulleres columnistas de diferentes xeracións e perfís,  profesionais do xornalismo e da escritura que reflexionarán o 1 e 2 de marzo sobre a realidade do xornalismo de opinión en España.

 

Durante a presentación do evento que acollerá Pontevedra a comezos do vindeiro mes, a presidenta da Deputación de Pontevedra denunciou que, segundo un informe recente da Asociación de Prensa de Madrid, "aínda que as mulleres somos o 64% das persoas coa carreira en xornalismo, tan só ocupamos o 27% da escala directiva nos medios de comunicación, fronte ao 73% dos homes". Neste eido, Silva engadiu que no 2015 os cargos de dirección nos medios ocupados por mulleres era do 10,9%, "o que significa que algo temos avanzado pero aínda queda moito por facer, iniciativas como As mulleres que opinan ou a folga do 8 de marzo sen dúbida teñen que ver con que cambiasen moitas cousas no último ano". A presidenta da institución provincial tamén resaltou que "o número de mulleres que traballan como redactoras é maior que o de homes, concretamente un 26%, isto quere dicir que nos escribimos as noticias pero eles as contan e poñen a cara e a voz".

Carmela Silva subliñou que "o II Encontro de Mulleres Columnistas: as mulleres que opinan son perigosas servirá para reivindicar o papel das mulleres xornalistas, para rachar con estes datos negativos e, tamén, se converterá nunha referencia en toda a provincia, en toda Galicia, en toda España e incluso en moitos medios de Europa. Este evento é a porta que abre o que vai acontecer o vindeiro 8 de marzo". Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación engadiu que "está demostrado que as mulleres non ocupan os espazos que lle corresponden nos medios, de feito no 2017 o total de paradas periodistas era de 4.500 mulleres, fronte aos parados periodistas que se situaba ao redor dos 2.500". Xa para rematar, Silva recordou o éxito obtido no primeiro Encontro de Mulleres Columnistas, "foi un acontecemento en todo o estado español, nin máis nin menos que 21 millóns de impactos en Twitter, o que demostra que as cousas que teñen que ver ca igualdade interésanlle moito á poboación".

Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, afirmou sentirse orgulloso "de que o concello forme parte de iniciativas coma esta e de que Pontevedra se vaia converter no centro deste gran debate tan necesario na sociedade actual". Neste senso, Lores engadiu que "a loita contra o machismo e contra o patriarcado hai que facela, unha loita na que me inclúo pero que son consciente de que ten que ser liderada por mulleres. O feminismo e a necesidade da súa visibilización é algo realmente importante".

A xornalista Diana López, organizadora do evento xunto a Susana Pedreira, explicou que o encontro deste ano "xurde dunha necesidade das ponentes que acudiron o ano pasado de atopar un espazo onde as mulleres poidan visibilizar o seu traballo, e tamén da necesidade que tiña o público de atoparse con estas profesionais, poder escoitalas e poder falar con elas". Amais, López Varela tamén lembrou como naceu a idea, explicando que "foi en 2017 que xurdiu a iniciativa, para manifestarnos en contra daquel cartel do Congreso Capital do Columnismo que ía acoller León no que todos os participantes eran homes. Finalmente os organizadores rectificaron pero tan só invitaron a cinco mulleres dos vinte cinco xornalistas que participaron no evento". Neste eido, Susana Pedreira, resaltou que a realización do foro "se fixo tomando nota das suxestións do público, que quería que se abordase o feminismo dende distintos puntos de vista, como dende a perspectiva das mulleres negras ou do xornalismo deportivo, entre outros".

O "II Encontro de Mulleres Columnistas: as mulleres que opinan son perigosas" reunirá en Pontevedra a 15 xornalistas de relevancia que entre todas suman preto de medio millón de seguidores en Twitter. En concreto, as participantes son: Chus Gómez, Lorena G. Maldonado, María Xosé Porteiro, Gemma Herrero, Carmen Magdaleno, Ana Requena Aguilar, Ana Romaní, Pepa Bueno, Irene Bascoy, Lucía Mbomio, Tati Moyano, Tareixa Navaza, Teresa Lozano e Zúa Méndez (Towanda Rebels), e Marta Sanz.

A entrada para todas as charlas do encontro será libre ata completar aforo pero aquelas persoas interesadas en garantirse unha butaca poderán facer a súa reserva a través da web da Deputación de Pontevedra (www.depo.gal/escola-de-igualdade-maria-vinyals/foro-as-mulleres-que-opinan-son-perigosas).

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago