Información
Pontevedra

Un trío de música clásica amenizará aos Defuntos no cemiterio municipal de Rubiáns

Información
30 Octubre 2018 876 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión desta mañá contratar ao trío “Aria”, formado por frauta, violín e violoncello, para desenvolver a iniciativa. O trío está composto por Belén Aragunde, Paula Padín e Andrea Petisco, tres alumnas dos últimos cursos do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía, que para a ocasión interpretarán pezas de compositores clásicos como Bach, Albinioni ou Haydn, entre outros.


A amenización musical centrarase nas horas nas que acude maior afluenza de xente ao cemiterio. Haberá un pase de mañá de 11.30 a 13.30 horas e outro pola tarde que se coordinará co horario de misa que tradicionalmente se celebra na capela do camposanto para non interferir no mesmo.

O Mercado das Flores abre as súas portas para facilitar os preparativos para o día de Defuntos
O Mercado das Flores, que se celebra en Vilagarcía dende hai 9 anos con motivo da festividade dos Defuntos, abre as súas portas nas inmediacións da Praza de Abastos. Un total de once floristas exhibirán os seus produtos os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro na carpa instalada no paseo García de Caamaño, co obxectivo de facilitar as compras de ramos e centros florais cos que tradicionalmente se engalanan os camposantos cada 1 de novembro en recordo das persoas falecidas.
29.10.2018.- A feira floral funcionará mañá martes e o mércores de xeito ininterrompido dende as oito da mañá ata as oito da tarde. O propio Día de Defuntos, o xoves, estará aberto só en horario matutino, de nove da mañá a dúas da tarde.

Dado que mañá tamén se celebrará o tradicional mercado ambulante dos martes, os postos que habitualmente se sitúan na zona ocupada pola carpa das floristas recolocaranse nas rúas adxacentes.

A Concellería de Promoción Económica e Mercados organiza o Mercado das Flores en colaboración coas vendedoras de flores da Praza de Abastos co obxecto de facilitar a compra e venda de ramos, centros e adornos florais cos que se soen engalanar os cemiterios nestas datas. O aluguer da carpa e a vixilancia corre por conta das vendedoras, mentres que o Concello colabora co resto da infraestrutura necesaria, é dicir instalando as conexións eléctricas e as bancadas de exposición, coa decoración exterior e interior da carpa e coas tarefas de cartelería e difusión do evento.

A participación deste ano é similar á das últimas edicións con cinco floristerías e media ducia de campesiñas habituais da Praza que venden produto de colleita propia. Os once postos de venta distribuiranse comodamente baixo unha carpa de 600 metros cadrados de superficie, de modo que o produto se poida exhibir dunha forma máis atractiva e para maior confort de floristas e clientes nestas datas de máxima actividade para o sector.
Otros articulos relacionados.....
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)