Información
Pontevedra

Concello e comuneiros dirixiranse á APLU para frear a propagación do chabolismo nos montes de Trabanca

Información
10 Octubre 2018 467 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O
Concello de Vilagarcia solicitará unha reunión co director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia, a APLU, co obxecto de instar ao organismo autonómico a que tome as medidas oportunas para frear a propagación do chabolismo nos montes de Trabanca Badiña. Esta foi unha das medidas acordadas esta mañá, tras a visita que o alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Benestar, Tania García, realizaron á zona acompañados por representantes da Comunidade de Montes da parroquia, que alertan do preocupante cariz que está adquirindo a situación dende hai uns meses.
09.10.2018.- Tal como lle amosaron os representantes veciñais, o asentamento chabolista que existe en Berdón dende hai anos está medrando de forma alarmante nos últimos meses, coa chegada de novas caravanas e a construción de edificacións precarias en parcelas de solo rústico, de monte e incluso ocupando camiños veciñais. A ordenación do solo rústico compete exclusivamente á administración autonómica, e máis en concreto a APLU, organismo creado para velar pola legalidade urbanística. A idea é que á reunión co director da axencia, ademais de membros do goberno local, asista tamén algún representante dos comuneiros de Trabanca Badiña.

Pola súa banda, e dentro das súas limitacións nesta materia, o Concello comprometeuse a enviar á Policía Local a levantar acta de cada novo movemento ou acción que se detecte na zona para levantar unha nova chabola ou instalar unha caravana. Estes informes serán inmediatamente remitidos á APLU para que adopte as medidas precisas coa maior celeridade, co obxecto de evitar novos asentamentos.
Dende o Concello enténdese que a problemática da propagación do chabolismo non é so un problema de tipo urbanístico ou de medio ambiente, senón que ten unha importante compoñente social e, polo tanto, a solución debe acompañarse de medidas en ámbolos dous sentidos. O executivo socialista xa mantivo distintos encontros coa Xunta de Galicia para tratar disto. O último hai unhas semanas, cando o alcalde se reuniu co entón conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela que se comprometeu a estudar as posibles vías de colaboración para erradicar o chabolismo en Vilagarcía. Para o Concello, a medida idónea sería que a Xunta facilitase o realoxamento en vivendas legais e que reúnan os requisitos de habitabilidade, das familias que actualmente viven no poboado de Berdón, tal e como xa fixeron noutros municipios de Galicia.
Otros articulos relacionados.....
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)