Información
Pontevedra

A Deputación de Pontecedra monta un "tenderete" para contar os coches da provincia....?

Información
26 Septiembre 2018 1030 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Uns datos que se os pidar a TRÄFICO ou Fomento, os ciudadnas aforrarían o dispendio de cartos públicos moi necesarios en servicios sociales onde milleiros de familias galegas non teñen cubertas a necesidades básicas. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que os medidores estiveron xa nas vías de maior tránsito nas comarcas do Morrazo, Salnés e Caldas e pasarán estes días a Vigo, Baixo Miño e Condado-Paradanta.

 

O Servizo de Mobilidade da Deputación vén de iniciar nestes días un novo control de aforamentos da súa rede de estradas. Neste exercicio realizaranse 111 medicións semanais e 31 diarias sobre o número medio de vehículos que pasa por cada estrada, así como sobre a velocidade coa que circulan, datos que, segundo explica o deputado Uxío Benítez, servirán despois para priorizar actuacións de mellora viaria e calmado de tráfico.

Nos últimos días os traballos de medición centráronse nas vías máis transitadas das comarcas do Morrazo, Salnés e Caldas. A veciñanza puido atopar medidores (consistentes nunha banda transversal á calzada e nunha pequena caixa lateral para rexistrar os datos -sen identificar aos vehículos-) nas estradas Meira-Fraga (Moaña), Seixo-San Tomé de Piñeiro (Marín) e Alto da Portela-Beluso (Bueu) por unha banda, na EP-8001 Caldas de Reis-Carracedo-Catoira (Caldas de Reis), e na Portonovo-Vichona (Sanxenxo), Coirón-Ribadumia-Leiro (Meaño), Mosteiro-Barrantes e San Martiño-A Armenteira Busto (Meis).

Esta semana a aparataxe está nas estradas máis percorridas da comarca de Vigo, O Baixo Miño e Condado-Paradanta: Calvario-A Garrida, Gran Vía-Avenida de Madrid, O Meixoeiro-Cuvi (Vigo), Gondomar-Vilaza-Parada (Gondomar), O Cerquido-Ribadelouro (Salceda de Caselas), Arcade-Amoedo (Soutomaior), Tabagón-O Rosal-Portocelo (O Rosal), Ponteareas-As Neves (Ponteareas) e A Cañiza-A Pousa (A Cañiza).

Todas estas vías soportan unha grande intensidade de vehículos, polo que os aforamentos repetiranse a finais de ano, co fin de recoller máis datos para facer unha análise rigorosa e detallada do uso que fai a cidadanía das estradas. De feito, segundo explica Benítez, as intensidades medias diarias de vehículos cambian en función do punto quilométrico, da estación ou mes do ano en que se fan, o que aconsella levar un control e estudio constante para saber cales son os puntos máis conflitivos.

Aos datos recollidos neste ano sumaranse os dos tres próximos exercicios (ata 2021), data na que remata o vixente Plan Plurianual de Aforos contratado polo Servizo de Mobilidade. Co fin de organizar o traballo as estradas provinciais dividíronse desde o inicio en tres grupos segundo a súa IMD no Plan de Aforos de 2017 e analizaranse de diferente maneira.

No primeiro grupo –o de máis tránsito- instalaranse 24 estacións de aforo con dous estudos semanais cada ano. No grupo dous vanse colocar 252 estacións de aforo cunha medición semanal cada catro anos, en estradas con menos intensidade de vehículos cun tránsito que non varía substancialmente. Finalmente, no grupo terceiro, faranse 124 estacións cun aforo diario cada catro anos. Así, en total cada ano realizaranse 111 aforamentos semanais e 31 aforamentos diarios.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+