Información
Pontevedra

A riqueza ornitolóxica da provincia protagonista este domingo da serie de TVE "España a terra prometida"

Información
20 Agosto 2018 564 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Birding en Pontevedra

A riqueza ornitolóxica da provincia de Pontevedra chegará a todos os fogares a través da serie documental "España, a terra prometida", que TVE estreará a tarde deste domingo. Esta produción de catro capítulos mostra a variedade de ecosistemas e o potencial ecoturístico que atesoura o territorio estatal, e destaca as Rías Baixas entre os destinos con maior proxección polas súas condicións naturais, que a converten nun paraíso para numerosas especies de aves.

 

O documental, patrocinado pola Deputación de Pontevedra a través deTurismo Rías Baixas,reflicte o comportamento das rías como enclaves dinámicos ao recibir a visita de abundantes  anátidas e  limícolas  invernantes, así como a aves que acoden nos seus pasos migratorios. Entre outros ámbitos de gran riqueza e variedade ornitolóxica, a serie mostra o complexo  intermareal Umia-O Grove, cuxas poboacións de aves acuáticas  invernantes e  migradoras atraeron a atención de afeccionados ao  birding de todo o mundo. A súa paisaxe cambiante achega múltiples oportunidades ás aves acuáticas e supón un atractivo escaparate para os e as amantes da ornitoloxía. Os cantís mariños e as illas constitúen ademais enclaves perfectos para diversas aves mariñas. O Parque Nacional das Illas Atlánticas é un dos seus grandes referentes, e acolle a colonias de corvo mariño  moñudo, de  pardela cincenta e de gaivota  patiamarilla.

Gran proxección ecoturística

"España, a terra prometida" proxecta ao mundo o gran potencial ornitolóxico do país. En todos os capítulos da serie exponse a riqueza de ecosistemas para as aves e a súa capacidade para dinamizar o territorio, xerando aproveitamento económico dunha forma sustentable e respectuosa coa natureza. A provincia de Pontevedra constitúe, segundo testemúñase no documental, un dos territorios españois con maior potencial ornitolóxico.

O primeiro capítulo narra como a combinación de ecosistemas, a súa variada climatoloxía e o seu especial emprazamento, fan de España un verxel ideal para os animais que mellor simbolizan a liberdade e a beleza: as aves. Un territorio que fusiona a esencia de Europa coa do continente africano, terra que alberga ambientes de ambos os continentes. Un lugar que pola súa particular localización, exerce tamén de ponte entre ambos os mundos.

Otros articulos relacionados.....
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)