33 persoas do consorcio provincial de bombeiros participaron na extinción do incendio de Fandicosta
33 persoas do consorcio provincial de bombeiros participaron na extinción do incendio de Fandicosta
Información
11 Mayo 20169578 votos - Registrate para votar
O xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros da Deputación de Pontevedra, Roberto Jorge Correa, destacou que desde o inicio do incendio de Fandicosta 33 persoas das dotacións dos Parques do Morrazo, O Porriño e Ribadumia, estiveron a traballar para lograr a extinción do lume.
O Consorcio Provincial de Bombeiros da Deputación de Pontevedra trasladou ata Domaio un total de 10 camións de tres dos catro parques que ten para intentar frear a propagación do lume. Pola súa parte, o parque de Vilagarcía quedou destinado a atender emerxencias que puidesen acontecer durante a xornada. Asemade, o Consorcio Provincial mobilizou a un total de 33 bombeiros que traballaron en quendas ó longo da xornada para poder realizar unha intervención escalonada que garantise a seguridade das persoas encargadas da extinción.
Jorge subliñou que se tratou dun "incendio moi complicado e difícil de controlar desde o principio, xa que se propagou polo falso teito, pasando de nave en nave con gran rapidez debido ós materiais da propia estrutura". As persoas desprazadas ata Moaña para extinguir o lume de Fandicosta traballaron durante toda a tarde e noite conseguindo, tal e como subliñou o xerente do Consorcio Provincial, "parar o avance do lume e illar a nave máis perigosa".
No momento en que se produciu o incendio estaban a traballar nas naves de Fandicosta un total de 45 persoas que saíron en perfecto estado de saúde. Pola súa banda, un bombeiro do Consorcio Provincial de Bombeiros tivo que ser atendido polo 061 desprazado ata o lugar por unha lesión muscular.
Neste momento, o Consorcio Provincial de Bombeiros mantén a cinco persoas preparando a liquidación, e procedendo, tal e como subliñou Jorge Correa, "a retirar cascallos e a extinguir un foco activo, pequeno e controlado".
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)