Un chiringuito de Carmen Silva que costa mais a visita política que o parque infantil...Todo un DESPILFARRO PÜBLICO

Información
26 Octubre 2016 6400 votos - Registrate para votar
parque barro

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo Deputado de Cooperación municipal, David Regades, comezou esta mañá unha serie de visitas por distintas obras que a institución provincial puxo en marcha ao abeiro da liña 1 do "Plan Concellos 2016". A primeira parada foi en Barro, vila na que se están a desenvolver os traballos para a mellora e reparación de catro parques entre os que se atopa o de Agudelo (cuxas obras xa están rematadas) ou o de Cangrallo, e que recibiron un investimento do "Plan Concellos 2016" situado en 21.085,98 €. Durante a visita tamén estivo presente o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes.

Carmela Silva felicitou ao concello de Barro "polas boas decisións tomadas" e por "entender o espírito co que naceu o Plan Concellos: un plan equilibrado onde se trata con xustiza a todas as vilas da provincia. Deste mesmo xeito, Barro fixo un reparto equilibrado entre todas as súas parroquias e respondendo ás demandas históricas da súa veciñanza, cousa que non sempre aconteceu. Barro entendeu que todos os seus veciños e as súas veciñas son iguais e todas merecen os mesmos servizos e dereitos, o cal me fai sentir moi satisfeita", sinalou. Ademais, a Presidenta provincial lembrou que "foron o goberno municipal quen decidiron en qué ían empregar eses recursos da institución provincial" e sinalou que "temos que garantir os servizos e os dereitos, porque esta é a única forma que temos de que a xente quede no noso territorio ante un problema tan grave como é o abandono".

Pola súa banda o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, sinalou que "grazas ao Plan Concellos, podernos atopar nunha situación na que xa de antemán sabiamos exactamente o diñeiro do que iamos dispor foi moi positivo á hora de facer unha boa planificación dos orzamentos", e lembrou que "precisamos recursos que nos axuden a reequilibrar a nosa situación, e como son limitados, aproveitamos todo o apoio económico e técnico da Deputación de Pontevedra e por iso nos sumamos a todos os seus programas".

En canto ao "Plan Concellos 2017", Carmela Silva sinalou que "estamos a facer un estudo rigoroso e serio da situación de desequilibrio que teñen algúns concellos no que se refire a dotacións e equipamentos. Veremos como podemos responder dende o punto de vista legal porque temos clarísimo que a Deputación de Pontevedra ten que garantir que todos os seus veciños e veciñas teñan os mesmos recursos". Ao remate da visita, a Presidenta achegouse ata a Casa Consistorial de Barro onde asinou no seu libro de honra. "Síntome moi agradecida por que o alcalde me gardase a primeira páxina deste libro e así poder deixar a miña pegada nesta fermosa vila", asegurou.

A Deputación de Pontevedra destinou a Barro nestes 10 meses do ano 2016 a cantidade de 509.274,51 €, isto é, un investimento de 136,70 € por habitante. Resalta o orzamento do "Plan Concellos 2016", que por valor de máis de 399.000 € supuxo un aumento de 157.198,34 € respecto ao ano anterior. A liña 1 do "Plan Concellos 2016" achegou 295.000 € á vila cos que se están a realizar tres obras de saneamento ou traballos na pista polideportiva de Santo Antoniño e, ademais, se arranxaron viarios así como se investiu en seguridade viaria. Tamén na liña 4 se crearon 16 postos de emprego nos servizos municipais, ademais de recibir dous bolseiros e bolseiras dentro dos distintos plans de práctica laboral tanto no Concello como no seu tecido empresarial (cun investimento total en emprego de 90.000 €).

Á marxe do "Plan Concellos 2016", Barro tamén recibiu 46.000 € en políticas sociais, grazas aos 40.000 € que recibiu para axudas de emerxencias e a que a súa veciñanza se beneficiou dos programas "En Ruta coa Depo", "Depo en marcha", "Depotermal", "Depo Aventura A Lanzada" ou "Depo RúARTE". Ademais, a Deputación de Pontevedra investiu en diversos programas de Igualdade como o proxecto municipal "Espazos de lecer: concilia" e o "Conectadas 2016" da institución provincial. Do mesmo xeito, Barro recibiu un investimento de máis de 20.000 € en cultura entre as actividades do Ano Castelao, axudas á dinamización da lingua galega, actuacións para comisións de festas e o Concello a través do programa "Pontegal", colaborando directamente co Concello na restauración da carpintaría da zona central do Pazo de Santo Antoniño (case 6.000 €) ou dotando á vila cos fondos para colaborar na organización das súas festas, entre elas a Festa do Viño de Barro ou as actividades lúdicas do "Barro 2016".

Dossier con todos os investimentos da Deputación de Pontevedra en Barro (pdf)

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago