A praia de Portocelo en Marín é unha das poucas praias da comarca con ramplas de acceso, wc adaptados e cenador para persoas con mobilidade reducida.
Conta ademais co servizo de cadeira anfibia para facilitar o baño, mais esta está apartada por estar en mal estado, non sendo apta para o seu uso. A pesares de telo solicitado en varias ocasións por parte de persoas demandantes deste servizo sen facerse ningún tipo de cambio.
Desde a Asociación Amizade solicitamos ao Concello de Marín subsane esta deficiencia canto antes e poña a disposición das persoas unha cadeira apta para o baño e desfrute, garantizando así a igualdade de oportunidades para todas as persoas