Pontevedra amplía o patrocinio co triatleta Javier Gómez Noya
Pontevedra amplía o patrocinio co triatleta Javier Gómez Noya
Información
19 Agosto 20206379 votos - Registrate para votar
O contrato ten por obxectivo manter o patrocinio co triatleta durante dous anos máis, tras ser adiadas as Olimpiadas
A Xunta de Goberno local vén de aprobar un novo contrato de patrocinio publicitario co triatleta Javier Gómez Noya. Segundo explicou a portavoz do Goberno, Carme da Silva, trátase dun contrato que se vén facendo nos últimos anos e que estaba previsto manter ata as Olimpiadas, que ao ser adiadas por mor da Covid-19, tamén motivan que o patrocinio con Gómez Noya se amplíe en dous anos máis.
O contrato, que ten un importe de 48.400 eurso, ten por obxectivo vencellar a imaxe de Pontevedra coa dun campión do mundo e medallista olímpico, coa cualificación de deportista de alto nivel galego, con ampla difusión nacional e internacional e que desenvolve a súa actividade en Pontevedra.
“É un luxo e un orgullo que Gómez Noya leve o nome de Pontevedra por todo o mundo” asegurou Carme da Silva. Neste sentido, afirmou que como máxima figura mundial do Triatlon “cando el corre, Pontevedra corre con el”.
Javier Gómez Noya é 4 veces campión do munto de Triatlon, medalla de prata no Xogos Olímpicos de Londres 2012, 5 veces campión de Europa, número 1 no ranking mundial ITU no ano 2015, campión do mundo de Ironman no ano 2017, ademais de ser distinguido co Premio Nacional para o Deporte 2015 e co Premio Princesa de Asturias do Deporte.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)