Información
Pontevedra

Areeiro recomenda revisións continuas ás viñas para renovar os tratamentos contra o mildio se aparecen novos síntomas ou avanza a enfermidade

Información
23 Mayo 2020 1299 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Viñas con mildio

Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que volve constatar o avance do mildio nas viñas a pesar dos tratamentos contra o patóxeno que están a realizar as persoas viticultoras, polo que insiste en que as revisións continuas ao viñedo son imprescindibles e recomenda que, en caso de que sigan a aparecer novas manchas, novos síntomas en pampo ou en acios, ou se detecte o avance nos síntomas anteriores, se renoven os tratamentos.

 

Para elo deben utilizarse produtos con acción preventiva, curativa e antiesporulante e procurar facer aplicacións de calidade, nas que se debe respectar o número máximo de aplicacións por campaña de cada produto e as súas doses. Ademais, o persoal especialista de Areeiro aconsella non empregar sempre as mesmas materias activas ou similares, para evitar a aparición de resistencias.

Nas revisións de viñas efectuadas esta semana, o persoal da EFA comprobou respecto a esta enfermidade que, se en xeral as manchas antigas e os acios apareceron coas necroses ben delimitadas e sen frutificación, tamén en zonas sen anteriores síntomas se detectaron manchas novas e con frutificación. Así mesmo, en viñas abandonadas de diferentes variedades volveuse observar un incremento notorio do número e tamaño das manchas, e nas plantas testemuña dalgunhas viñas tratadas empezou a haber perda de follas. A este respecto, desde Areeiro resaltan que nestes momentos de inicio da floración a viña é moi sensible ao mildio polo que son necesarias as citadas revisións para comprobar se os produtos aplicados logran frear as infeccións en curso. Apuntan así mesmo que a climatoloxía inestable e variable que houbo este ano, que da orixe a infeccións continuas, e as condicións ambientais inadecuadas que impediron facer algúns tratamentos no momento en que terían que ser aplicados, están sen dúbida na orixe deste avance da enfermidade.

O aviso fitosanitario refírese tamén ao oídio das viñas para sinalar que nesta semana se observaron os primeiros síntomas en viñas que non recibiran tratamento fronte ao patóxeno. Aínda que o inicio da floración é un dos períodos críticos nos que as viñas deben estar protexidas, en especial as de variedades máis sensibles, debido á limitada incidencia destes síntomas, non se recomendou un tratamento nos predios onde se detectaron.

No que atinxe ao black-rot, na última revisión só se observou o incremento na presenza de síntomas da enfermidade en viñas abandonadas, especialmente nunha da comarca do Condado, onde se viron tamén lesións negras no pecíolo dalgunha folla. Nas tratadas, tanto da rede habitual da EFA como aquelas outras revisadas nos percorridos, non se apreciaron cambios significativos. Aínda así, Areeiro recomenda manter a vixilancia xa que, a pesar de que a maioría de previsións anuncian melloría do tempo, houbo moita humidade ata agora e a sintomatoloxía pode expresarse tempo despois da infección, ata incluso tres semanas despois.

Respecto á botrite non se esperan, polas previsións meteorolóxicas de tempo seco, condicións favorables ás infeccións por este patóxeno. Tamén os restos das flores nos acios que xa vaian completando este período, que en tempo húmido quedarían adheridos e sobre eles o fungo se desenvolvería de forma saprofítica para afectar despois ao acio, poderán desprenderse sen problema.

Doutra banda, o aviso refírese tamén ás avelaíñas do acio. Neste senso, as capturas de Lobesia botrana nas trampas das parcelas de seguimento da EFA están sendo baixas e nesta semana observáronse os primeiros niños ("glomérulos") nun par de parcelas, pero en ambos casos de xeito unicamente anecdótico.

E por último no que atinxe ás viñas, Areeiro indicou que con respecto a outras pragas de artrópodos, esta semana observáronse en parte das revisadas unha boa cantidade de follas con erinose, sobre todo na zona inferior dos pampos. En calquera caso, apunta que esta praga non ten incidencia, e propón só o seu tratamento se se trata de plantas novas e a severidade do ataque resulta elevada.

O aviso fitosanitario advirte tamén sobre enfermidades noutras árbores, cultivos e froitos. Así, no caso da maceira, detectouse un avance do moteado nas plantas testemuña da EFA, favorecido polas altas temperaturas e o mantemento dunha humidade relativa alta polas noites. En todo caso, o persoal de Areeiro sinala que se o tempo continúa estable e con ventos do norte ou nordés, como prevén a maioría das axencias meteorolóxicas consultadas, o nivel de risco diminuirá. 

Si que se observou tamén un avance da avelaíña da mazá, favorecida tamén polo bo tempo. Aínda que as poboacións poden cambiar entre predios, é conveniente aplicar un tratamento debido a que parece que se vai manter, segundo a maioría das previsións, a estabilidade atmosférica.

A melloría do tempo favoreceu así mesmo o aumento das colonias dos insectos chupadores nos brotes tenros de diversos cultivos. Neste senso, o persoal de Areeiro indica que a retirada das colonias cando aínda son incipientes ou a propia eliminación dos brotes afectados contribúe a limitar os danos que poidan ocasionar.

Hai que lembrar que mentres permaneza o estado de alarma decretado pola COVID-19, a EFA reduce os percorridos polos cultivos da provincia fronte ao que é a rede de seguimento habitual, que está formada polas parcelas de seguimento da propia Estación Fitopatolóxica, outras parcelas visitadas e os datos aportados por persoal técnico e viticultor. Areeiro destaca que, aínda así, é convinte confirmar a situación particular de cada parcela, recomendación que cobra máis importancia nestes momentos.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago