Información
Pontevedra

Pontevedra terá un orzamento que roza os 80 millóns en 2020

Información
18 Enero 2020 476 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o tenente de alcalde, Tino Fernández, presentaron esta mañá os Orzamentos municipais de 2020 que ascenden a 79.336.000 euros, os máis elevados da historia da cidade, e que supoñen un incremento de 3,5% ao respecto do pasado ano, cunha subida neta de 2,7 millóns de euros.

 

Á cifra xeral do Orzamento hai que engadir que se solicitará menos crédito que en 2019. Nesta ocasión será de 750.000 euros, o que amosa o saneadas que están as contas municipais.

A partida de investimentos fixada en 10,3 millóns de euros (medran 0,5 millóns ao respecto de 2019) priorizan o sostemento dos espazos públicos e rurais, xardíns e zonas verdes, parques infantís, accesibilidade urbana e rural, parques forestais, a posta en marcha do proxecto deportivo da Parda, a mellora de Mollavao, melloras na infraestrutura do Pazo da Cultura, renovación do sistema de iluminación, gasto social… 

Tamén incrementa a partida de transferencias para outras administracións colaboradoras en proxectos como pode ser 1,5 millóns para o Hospital Montecelo ou 1 millón de euros para a renovación da Estación de Autobuses.

A todas elas se incorporan os 40 millóns de euros procedentes do novo contrato da auga, que se executará durante o presente mandato e que se van a executar na práctica totalidade nas parroquias do rural”.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores destacou que estes orzamentos son “consecuencia do pacto de goberno”, e tamén aclarou que “o ben feito leva tempo”. Contextualizou as contas de 2020 no bo momento que vive Pontevedra “na que hai  un crecemento de poboación moderado, un crecemento da renda familiar, repunte da construción e da súa actividade económica, do crecemento do turismo especialmente o desestacionalizado, crecemento da actividade económica xeral. E como colofón temos a débeda máis baixa dos últimos 40 anos”.

Fernández Lores cualificou os orzamentos de “altamente inversores e de fondo contido social e medio ambiental. E intentamos estender a todo o concello os parámetros de calidade urbana pero especialmente facendo fincapé no mantemento do que xa está feito para conseguir a excelencia nos espazos públicos, nos espazos naturais, nos equipamentos e nos servizos”.

“Un goberno sólido”

O tenente de alcalde, Tino Fernández, asegurou que estes orzamentos reflicten “a realidade: un goberno sólido, comprometido cos veciños e veciñas, e coa transformación do noso concello. Estes non son os orzamentos de dúas forzas políticas, é o orzamento dun goberno encabezado e dirixido por un alcalde, para seguir transformando Pontevedra e consolidando o concello como referencia en Galicia, no Estado e fóra do Estado”.

Destacou a importancia de aspectos como o feminismo dentro do modelo de cidade “como elemento imprescindible para o avance da nosa sociedade, tamén en Pontevedra” ou “as políticas progresistas pegadas á realidade”.

O eido deportivo foi outro das seus destaques “non solo polos eventos deportivos de nivel que vai a seguir habendo porque xa somos unha referencia, senón de toda a actividade deportiva vinculada á saúde dos cidadáns”.

Outra das pezas claves é “unha aposta moi forte pola defensa do medio ambiente reforzando os servizos públicos que se prestan”, explicou Tino Fernández, que asegurou que “é tan importante avanzar na transformación como manter o xa transformado”. E reiterou o compromiso con barrios e parroquias: Monte Porreiro, Mollavao, Loureiro Crespo… “adquiridos polas dúas forzas políticas na pasada campaña electoral”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....