Información
Pontevedra

Tirolina de máis de 20 metros en pleno corazón do barrio de Monte Porreiro

Información
02 Enero 2020 2175 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • O socialista Iván Puentes destinou case 20.000 euros a este novo xogo de aventura, que será ubicado na Praza de Europa, entre as rúas Bélxica e Alemaña, nestes primeiros meses de 2020

As pequenas e pequenos de Monte Porreiro terán á súa disposición este mesmo ano un novo xogo de aventura en pleno corazón do barrio: unha tirolina de máis de 20 metros de lonxitude que será instalada no parque da Praza de Europa, entre as rúas Bélxica e Alemaña, pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural. O máximo responsable do departamento municipal, o edil socialista Iván Puentes, explica que este novo elemento de lecer infantil foi contratado á empresa de carpintería Carpiglob SL “cun orzamento que ronda os 20.000 euros” e a previsión é que estea construído “nestes primeiros tres meses de 2020”.

 

Na súa opinión, a tirolina “converterase sen dúbida nunha sensación para as nenas e nenos de Monte Porreiro, achegando un maior carácter de aventura e ilusión á oferta de xogos desta zona de Pontevedra e fomentando a superación, o desenvolvemento físico, a psicomotricidade e o fortalecemento saudable na infancia”. O novo elemento de lecer estará construído en madeira e aceiro inoxidable de alta resistencia e terá un acceso mediante rampla, incorporando o correspondente valado de seguridade na contorna do xogo. 

“A madeira -suliña Iván Puentes- está certificada e foi producida e fabricada a través dun modelo de xestión forestal sostible. Asemade, conta cos tratamentos imprescindibles para garantir unha axeitada duración”.

Tal e como indica o concelleiro do PSOE, a instalación desta tirolina enmárcase dentro das actuacións de mellora que o Servizo Municipal de Parques e Xardíns está a acometer nas áreas de xogo da urbanización de Monte Porreiro, “co obxectivo de acadar o mellor estado e calidade posible das mesmas”. Non obstante, a Concellería de Desenvolvemento Sostible destinou outros 24.000 euros a un proxecto que permitirá a renovación das zonas de lecer infantil da contorna do Mirador, a Praza de Europa e as rúas Irlanda e Portugal.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....