Información
Pontevedra

Os fondos ARI financiaron máis de 100 melloras en vivendas e edificios no centro histórico

Información
11 Diciembre 2019 692 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • A terceira fase permitirá financiar 35 intervencións en vivendas ou edificios. A baremación dos proxectos presentados coñecerase nos vindeiros días.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a certificación de dúas rehabilitacións de edificios no centro histórico cofinanciadas cos fondos vinculados á Área de Rehabilitación Integral (ARI) correspondentes á súa segunda convocatoria. Son edificios situados nas rúas Sarmiento e na praza do Teucro que se veñen a sumar ás actuacións globais financiadas até o de agora con cargo a estes fondos. En total 103 melloras en vivendas e edificios foron financiadas ao abeiro da ARI no centro histórico, cifra que poderá incrementar nos próximos meses xa que a última convocatoria do ARI permitirá actuar en 35 proxectos máis.

 

Neste momento o Concello de Pontevedra, a través da Oficina de Rehabilitación que xestiona os fondos ARI, está a tramitar a primeira e segunda fase de axudas, e está a baremar os proxectos presentadas para a terceira fase.

Ao respecto da primeira fase foron financiadas 87 actuacións con 293.733,83 euros. Na actualidade está executada esta fase ao 97%.

Sobre a segunda fase, tamén vixente, foron financiadas 16 actuacións cun investimento de 123.427,22 euros. E tamén está executada ao 97%.

No que respecta á terceira fase, a Oficina de rehabilitación está a baremar os proxectos particulares presentados. Nesta fase, o Concello opta a unha axuda de  552.121,81 euros que permitirá financiar 35 actuacións.

Está previsto que nos vindeiros días se coñeza o resultado da baremación dos proxectos presentados nesta terceira fase do Centro histórico, ao igual que a 8ª fase da ARI de Estribela que permitirá realizar 23 actuacións cun orzamento de 112.499,64 euros.

Hai que lembrar que coas axudas das ARIs pódense acometer calquera tipo de rehabilitación da vivenda ou dos edificios (agás acabados e decoración). Entran nestes proxectos obras de adaptación á normativa, eficiencia enerxética, espazos comúns dos edificios… 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+