Información
Pontevedra

A creación dun Investimento Territorial Integrado (ITI) no territorio galego portugués, permitiría optimizar a xestión os fondos europeos

Información
19 Noviembre 2019 997 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030

O futuro financiamento da "Estratexia Río Miño Transfronteirizo 2030" reuniu hoxe en Tomiño a especialistas estatais, rexionais e representantes de todas as entidades locais do territorio nunhas xornadas organizadas pola Deputación de Pontevedra e o Grupo Ante da Universidade de Compostela. O encontro serviu para coñecer un innovador instrumento impulsado pola Comisión Europea durante o período 2014 – 2020, o Investimento Territorial Integrado (ITI), que segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Río Miño, Uxío Benítez, podería ser a chave do financiamento da estratexia miñota. No acto de inauguración tamén estiveron presentes  o deputado de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o investigador do Grupo Ante, Rubén Lois e o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira en representación do CIM Alto Minho, João Brito Nogueira.

 

Segundo indicou Benítez, un Investimento Territorial Integrado (ITI) é un instrumento de xestión que permite optimizar e integrar fondos europeos garantindo o seu máximo aproveitamento. Para a súa implementación é necesario contar cunha serie de requisitos que "no noso caso cumprimos perfectamente" xa que  "ademais de contar cunha situación xeoestratéxica e un enorme potencial de desenvolvemento económico do territorio, temos un documento estratéxico e unha folla de ruta co que queremos facer de aquí ao 2030" polo que a creación dunha ITI para o territorio transfronteirizo durante o próximo marco comunitario dos Fondos Europeos "encaixa perfectamente co noso proxecto".

Nesa mesma liña apuntou o secretario xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), Martín Guillermo, para quen a posta en marcha dun ITI no territorio sería a "guinda final" a un traballo que dende Europa "levan observando dende o inicio", co nacemento do AECT Río Miño. "A cooperación transfronteiriza ben feita ten moitos efectos virtuosos que incluso pode atraer investimentos privados e os ITI son mecanismos de xestión que aforran tempo, esforzo e diñeiro". Para a súa posta en marcha "é imprescindible que exista unha alianza estratéxica cos estados, porque estes teñen a decisión final, pero tamén co resto de administracións rexionais e locais", polo que instou a todas elas a comprometerse con este proxecto "xa que aí está a clave".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+