Información
Pontevedra

O Concello poderá chegar a débeda “cero” a final de mandato

Información
08 Noviembre 2019 412 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • Raimundo González afirma que se destinarán 4,2 millóns do superávit para pagar débeda, o que a situará por debaixo dos 8 millóns de euros e en cifras de mediados dos anos oitenta.
  • Seguindo esta política económica, o Concello estará en disposición de ter “débeda cero” a final de mandato.

O concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, anunciou esta mañá que o Concello destinará 4.263.000 euros a amortización de débeda procedente de parte do superávit do orzamento 2018 (o superávit foi de 6.270.981,05 euros). O resto do superávit destinouse a investimentos financieiramente sostibles, en concreto, para a execución da obra de Loureiro Crespo, a iluminación pública de Lourizán e o proxecto de skatepark. En total, 2.927.000 euros.

Con esta amortización o Concello pagará os créditos dos anos 2009, 2014, 2016 e parte do 2015, polo que a 31 de decembro a débeda municipal se situará en 7.955.000 euros (na actualidade é de 12.300.000 euros), é dicir, unha débeda similar a mediados dos anos 80. Porcentualmente, a débeda suporá o 11,84% dos dereitos liquidados.

Raimundo González explicou que “se nos vindeiros anos seguimos aplicando o criterio de destinar o 50% a inversións financieiramente sostibles e o 50% a amortización de débeda, a finais deste mandato estaremos en débeda cero”.

O concelleiro de Economía criticou a lexislación actual en mantería económica, aprobada polos partidos PP e PSOE, “xa que os que estamos salvando o déficit, en realidade, somos as administracións locais, e non as comunidades autónomas nin o Estado”.

 

Período medio de pago a provedores

O concelleiro tamén informou de que o informe de pago a provedores do 3º trimestre do ano revela que o período medio de pago é de 43,12 días dende que entran as facturas polo Rexistro (electrónico) até o seu pago. As contías pagadas foron 8.600.000 euros en 1.920 facturas.

Ao respecto do ano pasado, o Concello ten pagado a día de hoxe 34,5 millóns de euros, “é dicir, un 20% máis que o ano pasado cando se tiñan pagados 29 millóns”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+