Información
Pontevedra

Os veciños e veciñas de Pontevedra urxen á Xunta o desbloqueo da variante de Alba

Información
28 Octubre 2019 489 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • Tras o último accidente dun camión baixo a ponte do tren de Alba, lembra que a nova infraestrutura é esencial para desviar o tráfico pesado
  • Reclama que se teñan en conta as alegacións do Concello para que o novo vial garanta a seguridade das persoas, ante a previsión dun incremento de desprazamentos a pé por mor do vindeiro Xacobeo

A portavoz do Goberno Local, Anabel Gulías asegurou esta mañá que “desde o Concello queremos urxir que se poña en marcha esta infraestrutura tan necesaria como é a variante de Alba”. A concelleira fundamentou esta reclamación no último accidente que tivo lugar a semana pasada, no que un camión volveu quedar atrapado baixa a ponte do tren desta parroquia.

“A pesares dos esforzos en sinalización, estes accidentes seguen producíndose, o que pon de manifesto a necesidade de que este concello conte con esta infraestrutura” asegurou Anabel Gulías. A este respecto, lembrou que “nas alegacións que nós presentabamos, que eran coincidentes coa proposta de trazado da Xunta, xa diciamos que era necesario desviar o tráfico pesado para que non pasase por debaixo da ponte do tren”. 

Ademais, a concelleira tamén volveu incidir nunha das alegacións cruciais que presentara o concello o pasado mes de agosto, referida á necesidade de dotar ao novo vial de solucións relativas aos fluxos peonís. “Debemos ter en conta o momento temporal no que estamos, a dous anos do Ano Xacobeo” afirmou en relación á necesidade de garantir a seguridade dos desprazamentos a pé por este percorrido.

Por último, Anabel Gulías asegurou que, tras 15 anos, “temos que reclamar que sexa unha realidade porque non podemos vivir de esperanza, sobre todo tratándose dunha infraestrutura que leva moito retraso temporal”. “Non é unha demanda baleira” insisitu, senón que responde, entre outros factores, a “que continuamente estamos vendo novas de accidentes como o da semana pasada”, e asegurou que espera que “a Xunta sexa unha Administración seria e que cumpra co Concello”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+