Información
Pontevedra

Carmela Silva apela en Sanxenxo á necesidade de "pasar das palabras aos feitos" deixando entrever que nos anos ao fronte da Deputación se recoñece como que non fixo nada mais que palabras

Información
28 Octubre 2019 440 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Xornada recursos naturais

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao presidente de Segittur, Enrique Martínez, e ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, participou esta mañá no acto de apertura da xornada Uso e Xestión Eficiente dos Recursos Naturais para un Turismo Sustentable" no Real Club Náutico de Sanxenxo. Na súa intervención, Silva asegurou que "hai que tomarse moi en serio a sustentabilidade" e que "temos que pasar das palabras aos feitos xa que o futuro da humanidade depende de que tomemos decisións e o fagamos xa. Por iso en lugares tan importantes para o sector turístico como Sanxenxo tomar decisións é unha obriga co futuro e estas xornadas son imprescindibles, xa que precisamos datos que nos permitan ter unha fotografía clara do que acontece para ir dando respostas aos retos que se nos presentan".

 

Neste eido, a presidenta da Deputación recoñeceu "a enorme conciencia" dos alcaldes, alcaldesas e do sector privado "que están a tomar decisións económicas sostibles para garantir que medremos baixo parámetros máis responsables". Así, Silva apelou á importancia de pensar "a longo prazo" e incluíndo na planificación "os parámetros da sustentabilidade". "É certo que apostamos por desestacionalizar, por internacionalizar, pola innovación como instrumento para xestionar de mellor forma o turismo, pero imos ter que tomar decisións para ser máis responsables todas e todos: as administracións, o sector privado e o conxunto da sociedade", asegurou.

Carmela Silva recordou que "hoxe hai cinco illas de plásticos nos océanos e o Atlántico non é alleo a esta contaminación. Ademais en España morren ao ano 10.000 persoas por contaminación do aire e 7 millóns en todo o mundo". Por iso a presidenta provincial apelou a tomar decisións encamiñadas a garantir un planeta sostible o que implica "que imos ter outros hábitos e tamén modificar a xestión do turismo que aporta por riba do 11 % do PIB galego". Tamén destacou Silva que "máis do 34 % das persoas que veñen a Galicia visitan a nosa provincia e Sanxenxo é un gran receptor de visitantes". Ademais, sobre a vila a presidenta enxalzou que forma parte, xunto coa Deputación de Pontevedra, da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, "o que quere dicir que aposta pola innovación pero tamén pola sustentabilidade e por pensar nas persoas que viven todo o ano no territorio".

Na xornada Uso e Xestión Eficiente dos Recursos Naturais para un Turismo Sustentable, que tivo lugar ao longo desta mañá no Real Club Náutico de Sanxenxo, o presidente de Segittur, Enrique Martínez, presentou o proxecto piloto de "Sistema de monitorización de indicadores de turismo sustentable en Sanxenxo". Ademais Dirk Glaesser, director de Desenvolvemento Sustentable do Turismo na OMT (Organización Mundial de Turismo) falou sobre "Sustentabilidade, peza clave no desenvolvemento do turismo". Tamén tivo lugar unha mesa redonda sobre boas prácticas na xestión dos recursos naturais no ámbito do turismo e abordáronse cuestións relacionadas co turismo intelixente e a comercialización on line.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+