Vilagarcía pidelle a Xunta instalacións propias ou alugar un local como solución temporal ás demandas dos xubilados da Casa do Mar

Información
Pontevedra | 20 Octubre 2019 | 2301 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

10.10.2019. Hoxe, a concelleira de Persoas Maiores e portavoz do goberno, Tania García, desprazouse a Santiago xunto con presidente do club, José Cao, e o directivo do mesmo Ramón Ageitos. Na sede da Xunta mantiveron unha reunión co director de Inclusión Social, Arturo Parrado. Nun encontro moi cordial, Parrado insistiu, como xa o fixeran antes outros responsables da Xunta, na posibilidade de utilizar as instalacións do centro social do Ramal, que ocupa a vella aduana. Esta solución, sen embargo, foi rexeitada polos representantes do club, ao considerar que o centro está xa hoxe suficientemente saturado como para que se lle engadan duascentas persoas máis. Unha opinión que o goberno de Alberto Varela comparte.

Por esa mesma razón, Tania García e os directivos do club lle ofreceron á Xunta dúas alternativas. Unha, que a Administración sufrague o aluguer dun local, que logo habería que acondicionar. E dúas, realizar as reformas necesarias nun inmoble que xa sexa propiedade da Xunta. Para o goberno municipal e para os xubilados e pensionistas da Casa do Mar esta sería a solución máis doada, primeiro porque o uso non xera gastos de aluguer e a optimización de espazos probablemente sería máis fácil, rápida e económica.



Diante dos argumentos do concello e dos propios afectados, o director xeral se comprometeu a estudar as distintas posibilidades e a dar unha resposta no prazo de moi poucas semanas. Pola súa banda, Tania García reiterou a disposición do Concello a colaborar na solución a este conflicto que ten xa tras de si varios meses, pero sempre tendo en conta cales son as competencias que ten cada administración; é dicir, algo similar ao que xa pasou con instalacións educativas –pavillón de Rubiáns ou comedor do Piñeiriño- nos que o Concello participou no desenvolvemento dos proxectos, malia que non é a súa competencia, porque se trataba dunha demanda xusta de colectivos locais, que é o que ocorre agora cos xubilados e pensionistas do mar.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600