Imprimir

Monte Vivo PO2 creará un anel verde de protección para a cidade e os núcleos rurais

Información
Pontevedra | 12 Octubre 2019 | 3547 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

Crear un anel verde de protección para todo o concello, tanto para a cidade como para os núcleos rurais, é o obxectivo das liñas de traballo do programa Monte Vivo elevado a PO2. Así o anunciou o concelleiro responsable de Montes e Parques Forestais, Alberto Oubiña, quen presentou o que denominou “o trazo groso” deste programa que acada neste mandato “unha nova dimensión”.

A nivel xeral, os parámetros nos que se basea esta nova edición de Monte Vivo, agora enmarcado na estratexia PO2, son os de dignificar o monte, loitar contra os incendios desde a perspectiva da prevención, e transformar o monte nun recurso sutentable, diversificando as plantacións e promovendo espazos de lecer e accións para que a xente se achegue e o coñeza. “Non será un traballo sinxelo, nin rápido e tardarán en verse o froitos, pero é un traballo necesario, que debe facerse de forma continuada, constante e, o máis importante, de xeito ordenado” asegurou Oubiña.

Categoría: Pontevedra
Visto: 3547