Información
Pontevedra

Eva Vilaverde presentou esta mañá a nova carteira municipal que terá por cometido executar pequenas obras de mantemento nas vías urbanas

Información
11 Octubre 2019 365 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • A nova carteira disporá de persoal específico para o control dos contratos de obras menores, coordinarase con outros departamentos e manterá contactos constantes cos veciños.
  • A vindeira semana comezan os encontros coas entidades veciñais.
  • Está en trámites o novo contrato de sostemento de espazos públicos que pasa de 250.000 euros a 500.000 euros.

A concelleira responsable do Sostemento do Espazo Público, Eva Vilaverde presentou esta mañá a nova carteira municipal que terá por cometido executar pequenas obras de mantemento nas vías urbanas: reposicións, arranxos puntuais, cambio de mobiliario, bancos, farois, valados, sumidoiros, pinturas, lombos… Segundo a concelleira, “traballos tediosos e que supoñen un gran esforzo, que nos obrigan a traballar dunha maneira sistemática e ordenada, pero que son unha prioridade absoluta de Goberno para este mandato”.

Eva Vilaverde explicou que o espazo público en Pontevedra é un concepto nuclear do que dependen o resto de políticas municipais. Asegurou que o estado dos espazos públicos na actualidade “é bo pero para a veciñanza a importancia é maior e a esixencia é maior. Polo que temos que camiñar cara á excelencia”.

Para pór en marcha esta nova carteira é preciso unha reorganización da administración, coordinación co resto de áreas e participación veciñal.

Neste marco, o Concello creará un departamento específico cunha estrutura de persoal que se adique en exclusiva ao espazo público facendo un control e seguimento estrito dos contratos e resolvendo con inmediatez.

Tamén será precisa unha boa coordinación cos outros departamentos municipais relacionados co espazo público: persoal (para crear o novo equipo), parques, limpeza, patrimonio histórico…

E finalmente, a terceira pata deste departamento, é a participación veciñal “porque podemos ter coñecemento das necesidades evidentes, pero é preciso priorizalas, e para iso temos que coñecer as demandas dos veciños e veciñas”, explicaba Eva Vilaverde.

A páxina web municipal pontevedra.gal e a posibilidade de habilitar unha APP serían outras canles de comunicación con este novo departamento de Sostemento de Espazos Públicos, ademais do contacto directo co servizo.

Eva Vilaverde anunciou que a vindeira semana iniciará unha rolda de contactos coas asociacións veciñais para presentarlles esta nova iniciativa municipal.

Mentres o Concello tramita a creación desta nova estrutura municipal, está en marcha a licitación do primeiro gran contrato que xestionará o departamento: 500.000 euros para o mantemento dos espazos públicos durante un ano, coa posibilidade de prórroga por outro máis. A este proceso en licitación presentáronse as empresas E.C.Casas, Elsamex, Civis Global e Covsa.

Mentres o servizo se pon en marcha, o departamento de Eva Vilaverde traballa cun contrato menor na reparación de espazos dende o centro da cidade aos barrios. Comezouse nun anel concéntrico partindo dende a Alameda, Peregrina, para continuar cara Rosalía de Castro, avenida de Bos Aires, na subida a Monte Porreiro, onde se fixo un importante traballo na beirarrúa da man esquerda que tiña panos de lousas en mal estado.

Nestes momentos trabállase en Eduardo Pondal e en Loureiro Crespo, entre outras rúas.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+