Carmela Silva e Abel Caballero inauguran en Bouzas o renovado Baltasar Pujales no que dilapidaron mais de 370.000 euros
Carmela Silva e Abel Caballero inauguran en Bouzas o renovado Baltasar Pujales no que dilapidaron mais de 370.000 euros
Información
02 Septiembre 2019806 votos - Registrate para votar
Coa descuberta dunha placa conmemorativa, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, inauguraron este domingo o renovado campo de fútbol Baltasar Pujales, en Bouzas, nun acto previo á celebración do partido entre o Rápido e o Choco de Redondela.
Cun investimento total de 367.365,75 euros, a actuación desenvolvida, que supón novo céspede entre outras moitas melloras, enmárcase no convenio de colaboración entre Deputación e Concello de Vigo para a renovación de instalacións deportivas da cidade, cuxo orzamento total ascende a preto de 9,5 millóns de euros.
Na súa intervención, Carmela Silva quixo subliñar "a felicidade dun día como este no que podemos celebrar unha reforma necesaria para un campo dun dos equipos con mais traxectoria de Vigo, o Rápido, un equipo de solera que merece poder xogar nas mellores condicións". A presidenta provincial tamén puxo en valor as obras de renovación que se están a facer noutros campos municipais da cidade e desexou ao Rápido de Bouzas "que moi cedo volva a estar onde merece que é no top, no máis alto"
Pola súa banda o alcalde de Vigo, Abel Caballero agradeceu á Deputación "obras como estas que mostran o seu compromiso coa cidade" e revalidou o apoio do concello "ao Rápido, con case un século de historia, e ás veciñas e veciños de Bouzas".
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)