Información
Pontevedra

Cangas homenaxea ao deporte olímpico da vila cunha escultura da Escola de Cantería

Información
21 Junio 2019 633 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Escultura Escola de Cantería

Cangas xa ten o seu merecido homenaxe ás e os seus deportistas olímpicos. Unha escultura realizada pola Escola de Cantería de Pontevedra, colocada na nova praza dos Olímpicos, serviu hoxe para o recoñecemento a mulleres e homes que levaron o nome da capital do Morrazo polo mundo coa súa participación nas Olimpiadas. 

 

No acto, no que estivo presente o alumnado do Colexio Sagrada Familia de Cangas, tamén participou o piragüista Carlos Pérez 'Perucho', ouro olímpico en Pekín 2008. O deportista cangués, que ten recoñecida a categoría DEPO-Dan, tamén participou nos Xogos de Atenas 2004 e acumula 15 medallas entre Mundiais e Europeos.

A escultura inaugurada é o elemento central da nova praza, a "praza dos Olímpicos" (explanada do entorno da nave de deportes náuticos de Aldán). A peza elaborada pola Escola de Cantería é unha composición nun só bloque de granito silvestre cos aros olímpicos sobre unha base de pedra que simula unha cola de balea.

Nesta praza a actuación completarase entre setembro e outubro coa colocación dunha segunda peza escultórica ao deporte náutico olímpico feminino. Nesta escultura, que está a elaborar a Escola de Cantería, a protagonista será a piragüista Teresa Portela, olímpica ata en 5 ocasións.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....