Información
Pontevedra

A mostra "Salimos" invita á mocidade a reflexionar sobre o ocio relacionado co consumo de alcohol e as súas repercusións

Información
07 Mayo 2019 473 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A área de prevención do SPAD de Vilagarcía levará aos catro institutos de educación Secundaria do municipio a exposición itinerante “Salimos”, co obxecto de facer reflexionar á xuventude sobre as noites de festa sen alcohol, con alcohol ou pasadas de alcohol. Esta iniciativa enmárcase nas compañas para previr o consumo do alcohol por parte de menores e da mocidade que leva a cabo de for a periódica o SPAD e, neste caso en concreto, finánciase con fondos do Plan Nacional sobre Drogas e na súa creación contouse coa colaboración da Asociación Alborada, de Vigo. A mostra percorrerá os catro institutos dende o 8 ao 29 de maio.
03.05.2019.- O motivo de instalar a exposición nos propios centros educativos é favorecer que o máximo número de menores e mozos/as podan participar desta experiencia.

A exposición está dirixida aos mozos/as de 15 a 20 anos e consta de dez paneis de 8x200 cm., tendo como finalidade facilitar procesos de análise e reflexión sobre o consumo de alcohol e as condutas de risco nos espazos de ocio nocturno, así como sobre as condutas violentas e sexistas que se producen nestes contextos. Para traballar os contidos expostos facilítase aos departamentos de orientación e titores/as dos centros escolares unha guía didáctica con propostas de actividades formativas que abordan diversos aspectos relacionados co xénero e maneiras de ligar, as tomas de decisións e influencia dos iguais para consumir alcohol cando se sae de festa e a redución das condutas de risco asociadas. 

Enquisa de ámbito nacional a estudantes de Secundaria 

Segundo os datos da última enquisa sobre o uso de drogas en ensinanzas secundarias en España (ESTUDES 2016-17), o alcohol é a sustancia aditiva que se percibe como menos perigosa, cunha notable diferenza fronte as demais, e a idade de inicio no consumo sitúase aos 14 anos. O seu consumo está relacionado cos espazos de ocio nocturno e increméntase ao aumentar a frecuencia das saídas nocturnas e ao regresar a casa máis tardiamente. 
Só o 56,1% dos mozos consultados atribúe moitos ou bastantes problemas ao consumo intensivo de 5 ou 6 unidades (cañas/copas) no fin de semana. 
En canto a súa dispoñibilidade, 8 de cada 4 estudantes de 14 anos aprecia que poden conseguir facilmente tanto o alcohol como o tabaco, e a partir dos 15 anos, 9 de cada 10 opinan o mesmo. 

Outros datos desta enquisa a ter en conta son que un 31,7% dos escolares consumiu alcohol de forma intensiva (atracón/binge drinking) no último mes. Un 21,8% emborrachouse no último mes, con maior porcentaxe de borracheiras e atracóns entre as rapazas que os rapaces aos 14-15 anos. 

Desde o SPAD de Vilagarcía consideramos prioritario o traballo preventivo, con actividades formativas e de sensibilización, entre os menores de idade para a súa concienciación en relación ao consumo de alcohol e os seus riscos. Ao longo do curso escolar realízanse intervención formativas relacionadas co alcohol en todos os centros educativos do Concello (dirixidas ao alumnado de 5º-6º de Primaria, Secundaria e FP básica), así como outras intervencións preventivas no ámbito familiar, nas autoescolas e no ámbito comunitario.

A mostra tamén chegará a Cambados, Meis e Ribadumia

Durante o vindeiro curso escolar 2019-20 se prevé levar esta exposición aos centros de educación secundaria de Cambados, Meis e Ribadumia,que participan na Área de Prevención do SPAD. Estando tamén programadas no noso ámbito xeográfico outras campañas de sensibilización dirixidas aos pais/nais así como a difusión e instalación de sinalizacións de restrición da venda e subministro de alcohol a menores nos supermercados e outros locais de venda. 
Otros articulos relacionados.....