Información
Pontevedra

A Deputación de Pontevedra sen concurrencia pública "regala diñeiro públioc para festas" concretamente máis de 90.000 euros para os organizadores do festival PortAmérica Rías Baixas 2019

Información
06 Mayo 2019 161 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres unha achega de 90.750 euros ao festival PortAmérica Rías Baixas 2019, que terá lugar en Caldas de Reis do 4 ao 6 de xullo. O festival, integrado nos #RíasBaixasFests, é en palabras da presidenta provincial Carmela Silva "un elemento de atracción turística potentísimo, que amosa a nosa creatividade, o noso talento e que confirma que a industria musical da provincia é das máis relevantes de Galicia".

 

PortAmérica celebrarase na contorna natural da carballeira de Caldas e, como todos os anos, combinará gastronomía e música ao tempo que tende pontes entre a provincia de Pontevedra e América. Nos anos 2015, 2017 e 2018 o festival recibiu o Premio Fest como "mellor zona gastronómica" xa que a través do ShowRocking, comisionado por Pepe Solla, concentra a estrelas Michelín e soles Repsol que ofrecen pinchos gourmet a prezos populares.

Este ano está previsto que PortAmérica conte con grupos da talla de Madness, Andrés Calamaro, Rozalén, Carlos Sadness, Depedro, Amaia, La Casa Azul, Mon Laferte, Zahara, Sidecars, Monsieur Periné, Morgan, Vega, Carolina Durante, Elefantes, Combo Viramundo, Los Espíritus, Trending Topics, Él mató a un policía motorizado, Cuarteto de Nos, Natalia Ferviú DJ, Miss Bolivia, Pablo Lesuit, Santi Araújo, Presumido, Nixon, Anarchickcs, Cándida, El lado oscuro de la broca, Trapical Minds, Sonidos Mans ou La Duendeneta.

PortAmérica está integrado na marca #RíasBaixasFest, que impulsou a Deputación de Pontevedra no ano 2016, e na que se integran tamén o Atlantic Fest, Vive Nigrán, SinSal, SonRías Baixas, Revenidas e O Marisquiño.

Otros articulos relacionados.....