vinculados a feijoo pretenden cerrar Xornal Galicia a base de querellas criminales y meter en la carcel a su director

 

Información
Pontevedra

Turismo Rías Baixas "TIRA POLA BORDA OS CARTOS PUBLICOS INVERTIDOS EN IMAXEN DURANTE OS ÚLTIMOS ANOS" cambiando a imaxen

Información
11 Abril 2019 300 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Presentación web de Turismo

A páxina de Turismo Rías Baixas estrea hoxe un deseño totalmente renovado na súa imaxe, contidos e servizos tecnolóxicos dirixidos as usuarias e usuarios. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, explicou esta mañá a profunda remodelación e cualificou a web como "moderna e dinámica, enfocada ás viaxeiras e viaxeiros, e con toda a información necesaria para vivir grandes experiencias no interior e na costa da provincia de Pontevedra".

 

restyling e a renovación dos contidos tiveron como base as conclusións do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020, elaborado en colaboración cos concellos e o sector privado. A web conta agora con novas seccións un deseño claro e intuitivo, adaptado para a navegación en todos os dispositivos, e con especial coidado no tratamento da imaxe e do vídeo.

MAPA INTERACTIVO

O redeseño foi elaborado integramente por persoal da Deputación, pertencente aos departamentos de Turismo, Comunicación, Novas Tecnoloxías e Servizos Lingüísticos. Unha das novidades é o mapa interactivo co que as usuarias e usuarios poderán orientarse con facilidade no destino Rías Baixas. A web ofrece, a través de textos amenos e galerías de imaxes, información dos recursos turísticos de todas as comarcas, e aporta na súa sección "Descubre" datos e propostas sobre os eixos do Plan Estratéxico: enogastronomía, natureza, cultura, turismo activo, termalismo, patrimonio, festas e Camiños de Santiago.

Ademais, inclúe os dez "must-see" das Rías Baixas. "Aí están as Illas Atlánticas, Ruta da Camelia, castelos de Soutomaior e Sobroso, castros, as 55 praias con bandeira azul, conxuntos históricos, Ruta do Viño, pazos, faros e grandes miradoiros", detallou a presidenta da Deputación. A sección "Inspírate" mostra propostas e plans relacionadas con distintos tipos de actividades turísticas, desde o deporte ata a arte e os monumentos, mentres que as Escapadas ofrecen alternativas para vivir experiencias de 24, 48 e 72 horas nas Rías Baixas. 

INTERIOR E COSTA

"Tívose moi en conta un tratamento equilibrado entre a costa e o interior para que todas as comarcas vexan reflexada a súa oferta turística. O obxectivo á hora de acometer o redeseño foi converter a páxina na referencia dixital do destino Rías Baixas para que todas aquelas persoas que veñan dispoñan da información que precisen e poidan sacarlle o máximo partido á súa estancia".

Carmela Silva puxo como exemplo de funcionamento da web o apartado de enogastronomía, que ofrece información dos principais produtos da provincia de Pontevedra, desde peixes, mariscos, conservas, carnes, produtos da horta e viños da Denominación de Orixe Rías Baixas; e acompáñaa de propostas de experiencias como a visita os cinco restaurantes con estrelas Michelin, un percorrido pola Ruta do Viño, visita os lagares de sidra da comarca de Tabeirós, eventos ou escapadas en torno á gastronomía.

 


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago Ana López-Suevos Fraguela emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 50.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE DOS AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+