Información
Ourense

CDE MusleRa GSW 1 Ourense Envialia B 2

Información
30 Septiembre 2018 396 votos
 
Muslera_Ourense_Envialia_B
Muslera_Ourense_Envialia_B

A Unión Comarcal da CIG de Ourense denuncia que traballadores/as e usuarios están ser os grandes prexudicados polo conflito que o goberno municipal da Bola, coa alcaldesa á súa cabeza, mantén coa a empresa xestora da residencia municipal da terceira idade. Esixe a inmediata intervención da Xunta e lembra que o xulgado desestimou a petición do Concello para expulsar residentes e persoal como medida cautelar. Este venres 28 a central logrou, ademais, que a subdelegación paralice calquera tentativa de desaloxo até o luns, momento en que manterá unha xuntanza coa representación do Goberno en Ourense.

  • No pleno ordinario do mes de setembro, celebrado hoxe, tamén se aprobou o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais (6,2 millóns); e os plans de Mocidade, Empregabilidade e Cooperación para limpeza de redes viarias, cun orzamento total de 2,7 millóns.
Información
Ourense

Máis de 400 corredores, no "III Trail Ribeira Sacra"

Información
27 Septiembre 2018 476 votos

 

Organizado pola Deputación de Ourense, o Concello de Nogueira de Ramuín e o club de montaña Grupo Cuevas-Nogueira Trail, terá lugar o vindeiro 14 de outubro en Luíntra con dúas modalidades deportivas de 24 e 47 quilómetros, percorrendo los lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra ourensá.

Información
Ourense

O Concello do Carballiño debe asumir a xestión directa do servizo de axuda no fogar

Información
26 Septiembre 2018 509 votos

A CIG-Administración Pública de Ourense reclama que o Concello do Carballiño cumpra as súas promesas electorais de remunicipalización paulatina de servizos privatizados e asuma a xestión da axuda no fogar, unha vez que non vai renovar a concesión coa actual empresa adxudicataria.

Martino Xose VazquezMartiño Xosé Vázquez, portavoz e candidato á alcaldía por Ourense en Común,  reuníase  co portavoz nacional de Anova e vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, xunto con outras candidaturas municipalistas da provincia como Ribeiro en Común e Alterna-tiva Veciñal do Carballiño.
•    O obxectivo compartido é sumar Ourense, a provincia e a capital, á onda de renovación democrática que no ano 2015 chegou a outros concellos galegos como Coruña, Ferrol ou Compostela.
   

Información
Ourense

58 e 32 quilómetros, na III Marcha BTT de Cualedro

Información
25 Septiembre 2018 431 votos

O Concello de Cualedro acollerá o vindeiro domingo, 30 de setembro, a terceira edición da súa Marcha BTT que ofrecerá aos participantes dous posibles percorridos, unha ruta longa de 58 quilómetros de dificultade media-alta, e unha ruta curta de 32 quilómetros de dificultade media-baixa. A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Cualedro, Luciano Rivero; e o secretario do Club BTT Verín, José Carlos Cabido.

 O xurado, reunido esta mañá no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" destacou da obra premiada a orixinalidade das creacións artísticas, debuxadas a man pola ilustradora. Os traballos presentados foron obras inéditas e orixinais baseadas no texto gañador do premio de narración desta edición da escritora Ánxela Gracián, titulado As historias da ogra Pinta.

Manuel Baltar; o director territorial de Comercio e do ICEX en Galicia, Sergio Prieto, e a presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García, presentaron hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" o informe sobre "Comercio exterior de Galicia" correspondente ao primeiro semestre deste ano, que demostra que as exportacións da nosa comunidade autónoma creceron a un forte ritmo durante estes meses, rexistrando unha taxa de crecemento superior ao 7%.