Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

O BNG proponse promover unha deputación transparente equitativa e democrática como folla de ruta do actual mandato

Información
20 Septiembre 2023 - Ourense - Correo electrónico - Imprimir - 6339 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

O grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, María Mangana e Xosé Manuel Puga, veñen de comparecer ante prensa para facer públicos algúns dos eixos de traballo que guiarán aos representantes nacionalista neste mandato e que consideran fundamentais para dar un xiro de 180 graos ás comarcas de Ourense se realmente se pretende solventar o desastre económico e social a que a xestión do Partido Popular abocou á veciñanza de Ourense.

Os nacionalista expuxeron unha serie de idos de traballo nos que se centraran no presente mandato na Deputación e que debe cambiar para comezar a mudar de xeito claro a herdanza que o PP deixou de periodos anteriores, entre os que salientaron a a consecución dun Plan Único, debidamente financiado, un cambio no modelo de contatacións e a recuperación da xestión de servizos públicos externalizados, sinaladamente o mantemento como servizo totalmente público da recollida de lixo provincial  

O grupo provincial do BNG reitera a necesidade dun Plan Único para os concellos de Ourense para os noventa un concellos de ourense e a entidade menor de Berán que non superan os vinte mil haitantes, e  que garanta o reparto de cando menos o 25 % dos fondos do ente provincial. 

 Tras ter trasladado até en 19 ocasións esta demanda no mandato pasado, chegando mesmo a demandar unha lei que obrigase ás Deputacións a repartir cando menos unha cuarta parta dos seus fondos entre os concellos en base a criterios obxectivos, que até o de agora só é unha suxerencia, o BNG voltará facer bandeira neste mandato desta reivindicación en apoio aos concellos da provincia, e esixirá un plan único dotado de 25 millóns de euros a repartir entres os municipios e a entidade menor en base a criterios obxectivos. 

 “ A predisposición do actual presidente provincial a por en marcha  na deputación un Plan Único, tense que ver reflexada nunha dotación económica axeitada e que permita aos concellos reaxir a décadas de inercia, que como vimos demandando desde o BNG, debe alcanzar un 25% do orzamento total da entidade, neste caso 25 millóns de euros” manifestaba o voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela.

Desde a organización frontista demandase unha financiación base de 100 mil euros por concello e até 450 mil euros de financiación a repartir en base aos criterios obxectivos xa acordados por todas as organziacións políticas no seo da FEGAMP, superficie, entidades de poboación, habitantes e avellentamento poboacional.  “Este modelo suporá tratar aos concellos como maiores de idade e dotalos de fondos para facer fronte ás súas necesidades, engadindo unha previsión de fondos á súa disposición que servirán de revulsivo a unha provincia que esmorece a pasos axigantados”

Pola súa banda María Mangana fixo finca pé na necesidade de mudar un modelo de xestión provincial baseado repartos de fondos a través de contratos menores e falta de transparecia nos criterios de contratación na Deputación provincial. 

A eliminación da discrecionalidade e arbitrariedade da Deputación Provincial de Ourense na adxudicación de subvencións nominativas e de contratos de obras “a dedo” debe rematar sinalou a deputada nacionalista Mangana, para cambiar o rumbo da provincia e ao que aspira o BNG. 

 Un modelo abusivo, denunciado polo BNG na Deputación e Parlamento, mesmo polo Consello de Contas, que outorga contratos de obras adxudicados a través dun procedemento excepcional de contratación menor, sen concorrencia, nin publicidade. “Un dato ilustrativo da utilización irregular deste sistema de contratación é o importe polo que se adxudican boa parte das obras 39.669,42€, ao marxe da obra á que se refira” sinalou Mangana, que continuou indicando que parece un modelo máis pensado en non sobrepasar o importe dos 40.000€ que o artigo 118.3 da Lei 9/2017 de 8 de novembro de contratos do sector público, establece como límite máximo para a contratación menor, que nunha eficiente xestión dos recursos públicos.  

 “A utilización abusiva deste procedemento, sen publicidade nin concorrencia, impide que outras empresas poidan presentar ofertas que melloren a obra ou que rebaixen o prezo, polo que este xeito que debería ser excepcional de contratar, vai en detrimento tanto do tecido empresarial, como dunha adecuada xestión dos recursos públicos” e rematou María Mangana sinalando que é un modelo que debe rematar para aspirar a unha mínimo normalidade institiucional.

O BNG tamén reclama un cambio radical en materia de contratación de persoal. Poñer fin a máis de tres décadas de clientelismo do PP, e permitir que as prazas e oferta pública de emprego da Deputación de Ourense sexan por mérito e capacidade, NON POR APELIDO, sinalaba a deputada María Mangana, e que nas listaxe de contratación sexan rigurosas e con transparencia.

Tal e como sempre ven defendendo o BNG, e que motivou varias iniciativas no ente provincial (a última de elas en xaneiro de 2021) desde a o BNG promoveremos que o servizo de recollida de lixo que atende a máis de medio centenar de concellos dos 92 concellos da provincia de Ourense siga exercéndose desde a propia Deputación Provincial, en contra do criterio do PP que xa leva anos intentando privatizar, sinalou o deputado Xosé Manuel Puga. 

Este servizo ten demostrado ser dos poucos servizos provincias que  funcionan razoablemente ben, e de xeito satisfactorio para os usuarios. “Algo que sen dúbida é debido a que tamén é dos poucos sometidos un control público e plural exercido de xeito directo”

Recén recuperado para a xestíon pública o consorcio contra incencios e salavamento,  e que por certo ten aos seus traballadores en folga nos últimos meses, e que xa fora externalizado e que tivo que ser recuperado, faise evidente a mellor xestión dos servizos desde un control público, sinalaba Puga. 

Outro dos eixos de actuación do  grupo provincial do BNG aos que fixo referenia Xose Manuel Puga, será a defensa dos nosos sectores produtivos, e do necesario apoio ao desenvolvemento do tecido socioeconómico da nosa provincia,

Nunha provincia con índices de despoboamento, envellecemento e abandono do medio rural máis alto de todo estado, algo terían que ver ás nefastas políticas do PP nestos 40 anos.

Instrumentos como o Inorde teñen que deixar de ser entes xestión de fondos europeos de costas á nosa realidade social e económica. Compre que a captación de estes fondos cheguen ao tecido económico da provincia, e que non se queden nun mero “intercambio” de iniciativas con outras zonas de Europa. Iso é máis “turismo institucional” que xeramento de economía real.

Rematou cunha última intervención o voceiro do grupo provincial, Bernardo Varela,  indicando que ademais destes hai outros eixos que non deixará descoidados desde o grupo provincial, facendo especial referencia a situación dos aproveitamentos eléctricos na provincia desde os proxectos eólicos descontrolados até a nova mega central hidráulica reversibel en Castrelo de Miño, Cartelle e Arnoia. 


<!--[if !supportLineBreakNewLine]-->
<!--[endif]-->

Moción do pleno provincial de setembro

Desde o grupo provincial tamén deron traslado á moción que o BNG leva ao primeiro pleno deste mandato para demandar a execución total do vial de conexión entre a N-525 e Barrocás que permita mellorar os accesos ao CHUO e desconxestionar as rúas Marcelo Macías e Ramón Puga. 

 Tal como avanzaron no mes de agosto, esta é unha demanda a que os nacionalistas darán traslado no concello, deputación e parlmanto de Galiza.  Para que a  Deputacion Provincial de Ourense demande da Xunta de Galiza a impulsar as medidas oportunas para garantir que a futura conexión entre a N-525 e o Complexo Hospitalario de Ourense se realice de maneira integral abranguendo ata o barrio de Barrocás tal e como está previsto no PXOM de 2013, e que ese vial poida posibilitar o acceso directo dos vehículos ao CHUO e desconxestionando o tráfico tanto de Marcelo Macías como de Ramón Puga, evitando solucións parciais que non resolvan as dificultades de mobilidade existentes. E demandar da Xunta consignar o orzamento preciso para esta infraestrutura  no exercicio 2024.

 Desde o Grupo provincial tamén esixirán que a Deputación de Ourense, como propietario maioritario na finca Santa Mariña, se comprometa a por en marcha os mecanismos administrativos necesarios para poder facer realidade esta infraestructura nos terreos que maioritariamente son da súa propiedade, ben de xeito directo ou ben a través de Urbaourense.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV