vinculados a feijoo pretenden cerrar Xornal Galicia a base de querellas criminales y meter en la carcel a su director

 

Información
Ourense

Saída de emerxencia con reixas no edificio administrativo de Ourense

Información
04 Abril 2019 392 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense ten unha saída posterior na entreplanta, correspondente á zona do salón de actos e á sala de prensa, que consta dunha dobre porta e no exterior, unha reixa pechada.

Na avaliación de riscos e plan de acción (31/01/2013) do edificio establécese que:

“segundo se indica no Art. 8 Características das portas e dos corredores, da CPI-96, ou no Art. 6 da Sección SI 3 Evacuación dos Ocupantes do Código Técnico da Edificación CTE se debe de adecuar á saída posterior do edificio, na entreplanta, como saída de emerxencia.”

 

O prazo indicado no plan de acción para aplicar esta medida é de 3 meses.

Ademais na avaliación de riscos resaltábase que “en xeral, os produtos de limpeza gárdanse no vestíbulo previo a un arquivo, ao cal se accede desde o corredor de acceso aos aseos, en cada planta. Neste vestíbulo está o cadro eléctrico xeral de cada planta.

Neste caso como medidas correctoras o plan de acción obrigaba a:

“Dotación de local ou armario para os produtos de limpeza, en cada planta. Dotación de vestiario ou armario individual para o persoal de limpeza, en cada planta ou suficiente no edificio.”

Seis anos despois, estas medidas están sen aplicar poñéndose en grave perigo a vida dos traballadores e usuarios do edificio.

Tamén hai un mes, tras unha denuncia de persoal do edificio, comprobamos que nas caixas de urxencia faltaba material e o que había estaba caducado, algún desde o ano 2015. O Real Decreto 486/1997, de 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo obriga a revisión periódica e reposición do material de primeiros auxilios tan pronto como caduque ou sexa empregado.

Os delegados de prevención de riscos da CIG no Comité de seguridade e saúde laboral do Edificio Administrativo temos solicitado aos responsables da administración en numerosas ocasións o arranxo doutros problemas que tamén continúan sen solucionar:

  • As malas condicións do persoal do terceiro andar (Cultura).
  • Problemas de seguridade no sistema de peche dos ascensores.
  • Medicións de gas radon.
  • Adaptacións necesarias para facer efectiva a accesibilidade universal no edificio administrativo.
  • As malas condicións do Rexistro e Información.
  • A revisión da avaliación de riscos, que estaba prevista para o ano 2018, e continúa sen facerse.

No resto de provincias a Xunta conta cun centro administrativo único. En Ourense existen máis de 20 centros administrativos espallados pola cidade. Todos con moitas deficiencias e carencias: locais sen luz natural, problemas de climatización, falta de espazo, humidades, vertidos, síndrome de edificio enfermo, sen medidas de emerxencia, con problemas de radon... Edificios que ademais incumpren a lei de accesibilidade universal.

Cómpre un centro de atención aos cidadáns no que poidan presentar solicitudes, escritos e comunicacións, informarse acerca dos servizos ofertados ou recibir asistencia no uso de medios electrónicos os interesados que así o soliciten (tal como obriga a Lei 39/2015).

Os delegados da CIG en Ourense continuamos na loita para defender os dereitos dos traballadores eprotexer a súa saúde.

 


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago Ana López-Suevos Fraguela emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 50.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE DOS AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+