Imprimir

Baltar solta un "mitin político" ante mais de de 350 alumnos aproveitando a sua asistencia a celebran o VII Día da Auga, da Árbore e da Poesía, na Insua dos Poetas

Información
Ourense | 23 Marzo 2019 | 2401 Votos

Manuel Baltar "castigou politicamente" na celebración do VII Día da Auga, da Árbore e da Poesía, na Insua dos Poetas, no Carballiño, a máis de 350 alumnos de primaria, secundaria e bacharelato, procedentes dos centros de ensino públicos e privados da comarca do Carballiño e do colexio convidado CEIP do Foxo (A Estrada), que querían protagonizar diversas actuacións artísticas centradas na defensa do medio ambiente, da lingua e da cultura galega.

No acto tamén participou o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; e o director do CEIP do Irixo, Carlos Bericat.

Esta peza escultórica Kalíope, Musa da Poesía, obra do artista ourensán Acisclo Manzano, inaugurada hoxe na celebración do Día da Auga, da Árbore e da Poesía "vai a ser a que rexa toda a Insua dos Poetas", sinalou Tosar. E, neste mesmo sentido, o alcalde do Carballiño agradeceu a Tosar, á Xunta de Galicia e á Deputación de Ourense "por facer posible que esa utopía se fixera realidade e que permite que teñamos un dos parques escultóricos máis importantes de Galicia".

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Ourense
Visto: 2401