Información
Ourense

Baltar propón que o Centro Galego de Innovación da FP leve o nome de Eduardo Barreiros

Información
02 Marzo 2019 447 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • Deputación de Ourense e Xunta de Galicia asinaron hoxe o convenio para a creación en Ourense desta infraestrutura formativa, da que Baltar afirmou que suporá "unha aposta pola innovación, a creatividade e o talento entre o alumnado e profesorado de Formación Profesional".
  •  
  • O presidente do goberno provincial considera que o centro "favorecerá o desenvolvemento industrial e a incorporación de novas tecnoloxías, dotando de capital humano altamente cualificado ao tecido produtivo galego, contando co empresariado como eixo principal para desenvolver unha FP dual, tendo en conta, asemade, á universidade para levar a cabo, conxuntamente, proxectos de investigación.
  •  
  • O centro situarase nas instalacións da antiga Escola Fogar de Mariñamansa, que conta cunha superficie construída de 2.600 metros cadrados, e o orzamento previsto para a licitación e execución do proxecto, obra e equipamento ascende a 10 millóns de euros, dos que a Deputación de Ourense achegará 5 millóns; a Consellería de Educación, 3,5 millóns; e a Consellería de Economía, 1,5 millóns de euros.
Otros articulos relacionados.....