Información
Ourense

Baltar se converte en "ASESOR CINEASTA DE EXTERIORES" con Xavier Bermúdez para as localizacións da nova película do cineasta ourensán

Información
18 Diciembre 2018 682 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe co cineasta ourensán Xavier Bermúdez o balneario de Laias e a contorna deste emprazamento termal, localizacións que o director de cine incluirá na súa nova película, "Olvido y León", no que estará presente o termalismo e que se rodará integramente na provincia de Ourense, un proxecto enlazado coa súa obra cinematográfica máis importante, a premiada "León y Olvido" (2004).

 

O presidente do goberno provincial destacou "a importancia que suporá para a promoción e difusión da provincia de Ourense o novo traballo de Xavier Bermúdez, recoñecido coa "Calpurnia de Honra" na recentemente celebrada 23ª edición do Festival de Ourense (OUFF)", un galardón que pon en valor a traxectoria artística dun cineasta e produtor que ten rodado algunhas das longametraxes de ficción máis premiadas do audiovisual galego.

Otros articulos relacionados.....