Información
Ourense

Ourense recibe en Oviedo o recoñecemento de Unicef como Cidade Amiga da Infancia e da Adolescencia

Información
01 Diciembre 2018 362 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Foto recollida do premio polo Alcalde 

O alcalde de Ourense recolleu en Oviedo o selo co que a Unicef distingue a labor realizada polo Concello a prol da infancia e da adolescencia, a través da posta en marcha de políticas para garantir os dereitos deste colectivo.
“Hoxe é un día positivo e feliz para a nosa cidade, porque recibir este selo de Unicef é un recoñecemento ao traballo intenso e ben feito, que estamos a desenvolver dentro do Concello en materia de políticas de infancia e adolescencia”, dixo o rexedor ourensán.


O alcalde salientou o traballo realizado polos funcionarios que se encargaron da tramitación deste recoñecemento e cuxo labor foi destacado incluso polos responsables de conceder esta distinción

Ourense xa conta co selo que a acredita como Cidade Amiga da Infancia. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recolleu esta mañá en Oviedo a distinción concedida pola Unicef á nosa cidade pola súa labor a prol da infancia e da adolescencia. A entrega tivo lugar nun multitudinario acto no Palacio de Congresos y Exposiciones da capital asturiana, e contou tamén coa presenza da concelleira de Xuventude, Sofía Godoy.

“Este recoñecemento, por parte dunha institución de prestixio como é Unicef, sérvenos de estímulo para seguir traballando a prol de políticas para favorecer á infancia e á adolescencia; e para que Ourense siga a ser un exemplo neste tipo de actuacións para toda Galicia”, explicou o alcalde Jesús Vázquez.

De feito, a cidade das Burgas é a única grande capital de Galicia que conta con esta distinción da axencia das Nacións Unidas que traballa para defender os dereitos da infancia. O selo supón unha valoración explícita por parte da Unicef á posta en marcha e promoción de políticas municipais para garantir os dereitos deste colectivo.

“Hoxe é un día positivo e feliz para a nosa cidade, porque recibir este selo de Unicef é un recoñecemento ao traballo intenso e ben feito que estamos a desenvolver dentro do Concello en materia de políticas de infancia e adolescencia”, dixo o rexedor ourensán.

Neste sentido, o alcalde destacou o compromiso e a labor realizada polos funcionarios do Concello á hora de conseguir este recoñecemento e cuxo cometido foi moi destacado polos responsables de conceder esta distinción. “A eles se debe este éxito, polo gran traballo que fixeron, de maneira transversal, e presentando este proxecto que supón que Ourense sexa un exemplo para toda Galicia”, sinalou o rexedor.

Á concesión deste selo, que tamén se lle concedeu a outras localidades españolas, contou coa asistencia do presidente do Comité Español da Unicef, Gustavo Suárez Pertierra; e de Myriam Garabito Cociña, presidenta do Comité de Galicia da Unicef.

O recoñecemento

O selo de cidades Amigas da Infancia pon en valor un modelo de xestión centrado nos Dereitos da Infancia. Para os gobernos locais recoñecidos, implica a posta en marcha dun modelo que promova e cree mecanismos reais de participación infantil, así como unha estratexia a longo prazo para incorporar a nenos, nenas e adolescentes ás políticas e accións da cidade.

O recoñecemento, que terá vigor durante catro anos, é o premio a un intenso traballo iniciado no Concello a finais de 2015, co obxectivo de cumprir os requisitos solicitados por Unicef.

Para conseguir este selo, nos últimos dous anos o Concello procedeu á elaboración e posta en marcha dun Plan Local de Infancia e realizou un informe e unha diagnose da situación da infancia e da adolescencia na nosa cidade.

Tamén se puxo en marcha unha mesa de coordinación interna (formada por representantes de 19 áreas do Concello que realizan un traballo transversal coa infancia e adolescencia) e creouse o Consello Local da Infancia e Adolescencia (órgano que da voz ao colectivo e que conta coa participación de máis de 20 rapaces con idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos).

A concesión deste recoñecemento vai supoñer que, a partir de agora, os compromisos e recomendacións que faga a Unesco en materia de políticas de infancia e adolescencia aplicaranse tamén no Concello de Ourense.

Tamén suporá o desenvolvemento das medidas propostas polo Concello para coñecer e darlle resposta ás necesidades do colectivo: o Plan Local de Infancia e Adolescencia, a mesa de coordinación interna e o Consello Local de Infancia e Adolescencia.

Otros articulos relacionados.....
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)