Información
Ourense

CCOO e SPPME denuncian atrasos no pago das nóminas, actas que nunca chegan e silenzo ante a situación de bloqueo

Información
30 Noviembre 2018 352 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

CCOO e SPPME lamentan que de pouco lles serviu ás organizacións sindicais denunciar ante a opinión pública, o pasado mes de setembro, a situación de bloqueo que mantén o goberno municipal de Barbadás cos traballadores e traballadoras do Concello.

 

Lembramos que en setembro, tres centrais sindicais (CCOO, SPPME e CSIF) denunciábamos a situación ao goberno municipal do PSOE e BNG de esconderse nunha “máscara de boas maneiras”, para non avanzar nada en materia de negociación dos dereitos laborais da plantilla do Concello. O Concello de Barbadás, a pesares do seu tamaño e o volumen de persoal, segue a carecer dun Convenio Colectivo para o persoal laboral e dun Acordo Regulador para o persoal funcionario. Ao longo do mandato do goberno municipal, só se convocou a Mesa Xeral para tratar de bases de contratación, orzamentos e aprobar o calendario laboral, non para afrontar o tocante ás condicións laborais da súa plantilla de traballadores e traballadoras.

CCOO e SPPME denuncian que “o goberno municipal de Barbadás négase reiteradamente a incluir nas xuntanzas da Mesa de Negociación e afrontar na mesma, calquera tema relacionado coas condicións laborais e irregularidades da súa plantilla”; do mesmo xeito, evitan contestar e se mofan dos rogos e preguntas que se pantexans nas xuntanzas sindicais. Por dar un dato, o pasado 9 de xaneiro fixouse un calendario de negociaicións ante a insistencia dos sindicatos e a data de hoxe foi o último e o único que se fixo.

CCOO e SPPME lamentan que a única resposta do goberno municipal xa non é só o silenzo, senón que o bipartito négase a entregar, dende hai case un ano, as actas correspondentes ás xuntanzas da Mesa Xeral de Negociación aos sindicatos, a pesares de telas solicitado en reiteradas ocasións.

A esto hai que engadir a situación gravosa que se está producindo no pago das nóminas aos e ás traballadoras municipais, que se ven reiterando dende hai dous anos, facendo efectivo o pago dos salarios cada vez mais tarde, chegando incluso a producirse atrasos de mais de dez días, con respecto aos anos anteriores nos que as nóminas sempre se aboaron con puntualidade. Esta situación está ocasionando importantes danos e perxuizos ós e ás traballadoras municipais.

A única explicación que o goberno municipal dá ao respecto e que convertiuse nunha excusa repetitiva mensual, é que “houbo un problema coa nómina dun traballador por baixa laboral (sic)”; unha explicación dificilmente dixerible polas organizacións sindicais, xa que se está paralizando o pago das nóminas de toda a plantilla.

CCOO e SPPME: “Menos mal que non xestionan o Concello de Madrid, xa que segundo a súa versión, mentras non se solucione o problema cunha nómina os seus mais de 15.000 traballadores e traballadoras estarían sen cobrar”.

Otros articulos relacionados.....
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)