Información
Ourense

Ecourense UTE pretende realizar 40 contratacións a través dunha empresa ligada ao representante do sindicato de traballadores da limpeza (STL)

Información
30 Noviembre 2018 626 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os sindicatos que actualmente teñen representación no Comité de Empresa de Ecourense UTE (CIG, UGT, CCOO, USO e CSIF) queren denunciar que a empresa pretende realizar 40 contratos-lixo (de 3 a 6 meses en fin de semana), por medio dunha empresa de A Coruña (IMPREGO), empresa con vinculación co representante do novo sindicato STL en Ourense, que na actualidade non ten representación no Comité de Empresa.

 

O Comité de Empresa sinala que levan mais de catro anos loitando con Ecourense para que se cubran as vacantes que van producindo, chocando coa cerrazón da empresa, reacia a cubrir as vacantes a persares das continuas sancións por parte do Concello por non realizar os traballos encomendados e a insistencia do Comité de Empresa.

O Comité de Empresa quere lembrar que incluso as vacantes producidas por falecemento non son cubertas e teñen que ser reclamadas no xulgado que lles da a razón. Recentemente foron cubertas cinco vacantes tras pasar polos xulgados.

Para o Comité de empresa esta maniobra de Ecourense esconde un interés de potenciar a candidatura do STL nas vindeiras eleccións sindicais para renovar o Comité, xa que as votacións son en dezasete días.

O Comité de empresa tamén quere deixar claro que non se opón ao reforzamento da plantilla xa que así o ben reclamando dende hai moito tempo, pero non vai consentir que se empregue a contratación de novo persoal para influir no resultado electoral das votacións que se celebrarán o 17 de decembro beneficiando a un sindicato de nova creación.

O Comité de empresa vai solicitar de urxencia unha xuntanza co Comité de Xerencia de Ecourense UTE para plantexarlles as súas queixas por esta situación e analizar as necesidades de contratación reais que precisa a empresa para realizar axeitadamente o seu traballo.

Otros articulos relacionados.....