Información
Ourense

A Deputación de Ourense se autodestina preto de 600.000 euros en axudas para a entrega de suas copas e montaje de chiringuitos da suas entregas.

Información
25 Noviembre 2018 1404 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá as bases reguladoras para a convocatoria de axudas en materia de Cultura e Deportes, que ascenden a un orzamento total de 599.000 euros. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 23 de novembro de 2018.

 

En concreto, na reunión aprobáronse as bases para a convocatoria de axudas a clubs deportivos de Ourense para o ano 2019, coa finalidade de financiar parcialmente os gastos derivados da súa participación na competición deportiva durante a tempada 2018-2019.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os clubs deportivos que estean inscritos nos rexistros deportivos correspondentes da Xunta de Galicia e teñan o seu domicilio social na provincia de Ourense. Así mesmo, deberán participar nesta tempada en competicións oficiais, convocadas polas súas respectivas federacións e posuír, polo menos, un equipo de base acreditado. No caso de ser disciplinas individuais teñen como requisito básico posuír un mínimo de dez licenzas federativas de deportistas de base en competición.

A dispoñibilidade orzamentaria destinada para esta convocatoria ascende aos 400.000 euros, sendo a contía máxima por axuda de 24.000 euros. O prazo para presentar as solicitudes iniciarase a partir da publicación desta convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións e rematará o 15 de xaneiro de 2019.

Continuando en materia deportiva, a Xunta de Goberno tamén aprobou as bases da convocatoria para a concesión de axudas para as Copas Deputación 2019 que teñen un forte arraigo e tradición na nosa provincia e que canalizan as axudas ao deporte de competición federado para garantir a continuidade de determinadas competicións deportivas amateur. Estas axudas están destinadas a desenvolver competicións deportivas que baixo a denominación Copas Deputación, se celebren integramente na provincia de Ourense durante a presente tempada 2018-2019, non podendo existir máis dunha Copa Deputación por modalidade deportiva.

As solicitudes deberán presentarse a partir do día da publicación desta convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións, ata o 15 de xaneiro de 2019. O orzamento destinado para este programa Copas Deputacións ascende aos 79.000 euros.

As últimas bases reguladoras aprobadas na reunión de hoxe son para a convocatoria de axudas para o fomento de actividades escénicas e musicais 2019 que teñen como obxectivo financiar parcialmente a realización destas actividades con carácter público na provincia de Ourense. Son beneficiarios directos destas axudas as persoas físicas ou xurídicas ou as agrupacións sen personalidade xurídica, domiciliadas fiscalmente na provincia de Ourense que, realicen as ditas actividades escénicas e musicais. A dispoñibilidade orzamentaria para esta convocatoria é de 120.000 euros, sendo a contía das axudas do 50% do custo total de cada actuación. As solicitudes poderanse presentar a partir da publicación desta convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións ou no BOP e ata o 20 de decembro de 2019.

Outro dos asuntos aprobados pola Xunta de Goberno foi a fixación dos prezos públicos de "Pazolandia", que establece un importe de 4 euros para as entradas do público en xeral, e un prezo de 3 euros para as entradas de persoas que accedan en viaxes promovidos polos concellos da provincia.

Cooperación

En materia de cooperación con entidades e concellos da provincia, a Xunta de Goberno aprobou un total de 212.181 euros en axudas para iniciativas de Cultura, Deporte, Infraestruturas e Medio Ambiente. Deste modo, aprobouse unha axuda para a Asociación Socio-Cultural Amigos da Romaria da Saínza, por importe de 12.500 euros, para a celebración da festa da Saínza 2017. Para a Diócese de Ourense aprobou unha axuda de 8.000 euros para as campás de San Pedro de Laroá, no termo municipal de Xinzo de Limia.

Tamén en materia de infraestruturas, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda de 60.000 euros para a Comunidad de Montes en Mano Común de Ábedes para o seu local social, e neste mesmo sentido, aprobou unha axuda para o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, por importe de 20.000 euros, para a adquisición dun local para sede da entidade.

No apartado de cooperación cos concellos, na reunión aprobouse unha axuda para o Concello de Piñor que ascende aos 12.000 euros para a celebración do Rally Mix 2018, e para o Concello do Carballiño, unha axuda de 48.000 euros, destinada ao Proxecto Medioambiental-Criadeiro de Troitas (Canle Ictioxénico do Carballiño). Asemade, o Concello da Merca recibirá unha achega de 39.181 euros para a mellora da accesibilidade mediante a dotación dun ascensor na Casa do Concello e, o Concello de Rairiz de Veiga, unha axuda de 12.500 euros, para a celebración da Festa da Saínza 2018.

A Xunta de Goberno aprobou tamén o Programa de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos de Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar para a prestación de asistencia técnica para a xestión da estación de tratamento de auga potable de Melias, incluíndo o bombeo en escala e aos seus correspondentes depósitos situados en Agra de Arriba – Lamagrande e San Miguel – Faramontaos. Tamén se aprobou na reunión a expropiación forzosa para a execución da obra "acondicionamento e mellora da OU-0703 Trives-Chandrexa", no municipio da Pobra de Trives.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago