PSOE e Ourense en Común piden no pleno a dimisión do alcalde e a concelleira de persoal, polo enchufe do xefe de Recursos Humanos
PSOE e Ourense en Común piden no pleno a dimisión do alcalde e a concelleira de persoal, polo enchufe do xefe de Recursos Humanos
Información
31 Octubre 20181310 votos - Registrate para votar
Os grupos sinalan a Jesús Vázquez e Flora Moure como “responsables dun concurso feito a medida para colocar a un ex-edil do PP nun posto estratéxico co que seguir colocando a amizades e familiares” • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia determinou hai un mes a nulidade do nomeamento de Rodríguez-Nóvoa, que sigue no cargo. “A actividade desta persoa pode rozar o delito e a prevaricación, e o goberno está consentindo que continúe”
Ourense en Común e o PsdeG-PSOE defenderán o próximo venres, na sesión plenaria do Concello, unha moción conxunta pola que exixen a dimisión do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e da concelleira de Persoal e Recursos Humanos, Flora Moure, “como principais responsables políticos da contratación ilegal, ratificada e avalada como tal a instancias xudiciais, de Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa como Xefe de Persoal e Recursos Humanos do Concello de Ourense dende 2016”.
Ourense en Común xa solicitara a suspensión de Rodríguez-Nóvoa logo de coñecerse o pasado 20 de setembro a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se ratificaba a ditada anteriormente polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Ourense, que determinaba a nulidade do Decreto da Concelleira de Recursos Humanos, Flora Moure, do 7 de xullo de 2016, polo que se nomeaba a Francisco Javier Rodríguez-Novoa González, como Xefe do servizo de Recursos Humanos do Concello de Ourense.
Montserrat Valencia, concelleira de Ourense en Común, alerta de que o alcalde e a súa concelleira de Persoal “simulan que non vai con eles, pero están dilatando os tempos intencionadamente, son os únicos responsables de que o seu enchufado continúe ocupando un posto estratéxico, e cómplices de que esta persoa siga manexando a política de contratacións no Concello de Ourense, a dedo para amigos e familiares. Calquera trámite que asine Rodríguez-Nóvoa estará viciado de sospeita e tanto o alcalde e Flora Moure serán tamén responsables. Mellor que marchen”.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)